A Mariña, 08 de abril de 2019. ADEGA e Mariña Patrimonio informaron a comezos do pasado mes de febreiro ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo sobre os movementos de terra que se estaban a producir durante os labores de limpeza dunha finca en Cuíña, situada a escasos metros dunha zona onde se atopan restos arqueolóxicos. Estes movementos poderían ter afectado o sitio arqueolóxico, no que se aprecian centos de fragmentos de cerámica que, segundo varios arqueólogos consultados, datarían da Idade do Bronce.
Este importante e singular xacemento foi descuberto por Mariña Patrimonio en 2010, data na que xa se informara ao Servizo de Patrimonio de Lugo da súa aparición ao tempo que se lle solicitara a súa catalogación e protección. Trala inspección do lugar, no informe elaborado daquela por Patrimonio dicíase “ O día 26/04/2010 os técnicos do Servizo de Patrimonio Cultural deste Departamento Territorial realizaron unha inspección do lugar indicado e atoparon unha concentración notable de cerámica (…)”.
Curiosamente, malia a que o Servizo de Patrimonio de Lugo constatou a existencia desta concentración notable de cerámica, non tramitou o procedemento de inclusión do xacemento no catálogo, quedando desprotexido este ben patrimonial.
A comezos de 2018, o paso de maquinaria pesada por esta zona arqueolóxica desprotexida provocou novamente o afloramento dunha inxente cantidade de fragmentos cerámicos, polo que se contactou nesta ocasión co Concello de Cervo para informar sobre a anómala desprotección deste importante xacemento. Así mesmo, en diferentes reunións mantidas en 2018 con membros da Dirección Xeral de Patrimonio en Santiago, Mariña Patrimonio e ADEGA expresaron a súa preocupación pola incomprensible desprotección deste e doutros bens patrimoniais da Mariña.
Ambas asociacións valoran moi positivamente a receptividade do Concello de Cervo e do seu alcalde para procurar que este depósito de cerámica da Idade do Bronce se protexa adecuadamente. Ademais, destacan a rapidez coa que o Concello paralizou os movementos de terra que se estaban a realizar nas inmediacións deste depósito arqueolóxico durante a limpeza dunha finca.
ADEGA e Mariña Patrimonio agardan que a Dirección Xeral de Patrimonio actúe coa mesma dilixencia, recolllendo canto antes os restos arqueolóxicos diseminados polo lugar e que corrixa o posible erro do Servizo de Patrimonio de Lugo, que non catalogou este ben patrimonial do que teñen constancia dende o 2010.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



