Lugo, 8 de abril de 2019. A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro cos usuarios de ASPACE Lugo (Asociación de Nais e Pais de menores afectados por Parálise Cerebral da Provincia de Lugo), coa que colabora o Executivo Provincial. Acompañada de membros da directiva deste colectivo social, coñeceu as necesidades das persoas que padecen este tipo de trastorno, ás que, ASPACE, presta atención profesional, tratando de mellorar a súa calidade de vida e de benestar.
López Izquierdo sinalou que “este colectivo social, que atende a 19 usuarios dos concellos de Lugo, Antas de Ulla, O Corgo, Portomarín e Sarria, tenta mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral a través de numerosas actividades como boxeo, surf, mergullo adaptado ou excursións pola cidade, entre outras. Dende o Goberno da Deputación, sumamos esforzos con ASPACE, co fin de mellorar o benestar das persoas con capacidades diferentes que integran a nosa sociedade”.
ASPACE, conta con 34 socios e un equipo de profesionais formado por: 2 educadores sociais, 1 terapeuta ocupacional, 1 fisioterapeuta e 1 traballadora social que prestan atención a persoas con parálise cerebral. Nestes momentos son 19 usuarios dende os 4 ata os preto de 60 anos de idade. En ASPACE contan cunha ampla programación de actividades de rehabilitación, ocio e entretemento, dirixidas a mellorar a calidade de vida dos usuarios, como excursións ou saídas de lecer pola cidade de Lugo.
A través da colaboración da Deputación, este colectivo social, pode financiar o servizo de fisioterapia que realizan na piscina da escola infantil Lucus Baby, pois adáptase ás necesidades e características físicas dos usuarios. Ademais realizan numerosas actividades deportivas como, boccia, boxeo, petanca, voleibol, buceo adaptado e surf. Co fin de mellorar o seu día a día traballan na terapia ocupacional, fisioterapia, rehabilitación e estimulación multisensorial, ademais de prestar asesoramento, orientación e información ás familias, a través do servizo de traballos sociais.
Parálise cerebral e ASPACE Lugo
A parálise cerebral é unha discapacidade producida pola lesión do cerebro na xestación, o parto, ou durante os primeiros anos de vida nos nenos. Xeralmente, supón unha discapacidade física en maior ou menor grado, pero tamén pode ir acompañada dunha discapacidade sensorial ou intelectual. Segundo a Confederación ASPACE, esta é a unha das causas máis frecuentes de discapacidade motora, e a máis frecuente en nenos. Estímase que entre un 2 e un 2.5 por cada mil nacidos en España teñen parálise cerebral, é dicir, 1 de cada 500 persoas.
ASPACE LUGO créase no ano 1994, por un grupo de pais e nais de nenos afectados por parálise cerebral. Este colectivo social, enmárcase na Confederación ASPACE, que conta con máis de 70 asociacións locais, 230 centros especializados e un equipo de 4.500 profesionais en España.
























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



