Lugo, 10 de abril de 2019. O Presidente, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, informaron este mércores sobre a posta en marcha dunha nova campaña de promoción e exaltación dos produtos da provincia baixo o nome E para comer…Lugo. Fixérono nun acto acompañados de representantes de distintos locais de restauración que se sumaron a esta iniciativa, no que se degustaron algúns dos pratos que se poderán desfrutar durante estas xornadas. Máis información en www.deputacionlugo.gal e www.eparacomerlugo.com
Trátase dunha iniciativa coa que 51 establecementos hostaleiros de 23 municipios lucenses introducirán nas súas cartas produtos e materias primas da provincia con denominación de orixe protexida (D.O.P) ou indicación xeográfica protexida (IXP), así como de asociacións e empresas con presenza na provincia. Deste xeito, entre abril e novembro e durante os últimos 10 días, os restaurantes que se sumaron a esta campaña porán á disposición dos clientes pratos elaborados con distintos produtos de Lugo.
Campos Conde explicou que “é unha iniciativa coa que Deputación, APEHL e Hostaleiros, xuntamos forzas para continuar promovendo o consumo das materias primas que hai na nosa provincia, que ademais de ser de ser de altísima calidade e contar con grande recoñecemento entre a cidadanía, son un motor xerador de economía e emprego. De feito as cifras así o avalan pois estes sectores aglutinan máis de 13.000 traballadores e xeran un volume de negocio anual a través deste produtos superior aos 250 millóns de euros, o que dá mostra da importancia que teñen estes sectores para a economía do pais”.
Calendario das exaltacións
Abril.
19 ao 28: Fabas de Lourenzá, Merluza do Pincho de Burela e do CRDO Queixo Arzúa-Ulloa.
Maio.
17 ao 26: Ternera Gallega Suprema Raza Rubia Gallega, Grelos de Galicia e CRDO Queixo do Cebreiro.
Xuño. 21 ao 30: Merluza do Pincho de Burela, Cordeiro de Raza Ovella Galega e Castañas de Galicia.
Xullo.
19 ao 28: Bonito de Burela, Lacón Galego e Pementos de Mougán.
Agosto.
16 ao 25: Bonito de Burela, Castañas de Galicia e Pementos de Mougán.
Setembro.
20 ao 29 : Porco Celta, Grelos de Galicia, Patacas de Galicia e Mel de Galicia.
Outubro.
18 ao 27: Fabas de Lourenzá, Ternera Gallega, Queixo do San Simón da Costa e Mel de Galicia
Novembro.
15 ao 24: Raza Mos, Grelos de Galicia, Pataca de Galicia e Queixo de Tetilla.
Durante todas as xornadas, empregaranse viños da D.O. Ribeira Sacra, Galletas Daveiga, pan da provincia (AFAPÁN), e CR Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.
Establecementos participantes
Na campaña de exaltación de produtos da provincia E para comer…Lugo, participan un total de 51 establecementos de 23 municipios lucenses. En Antas de Ulla, Restaurante Val; en Barreiros, O’Asador; en Becerreá, Boavista; en Burela, A Lonza, Cervecería Kiko e Casa Miranda; en Castro de Rei, Río Lea; en Cervo, Río de Oro; en Chantada, Os Pendellos Pulpería, Daydos, A Faragulla; na Fonsagrada, Cantábrico, O Piñeiral e Casa Damián; en Foz, Casa Damián, O Lar, Xoyma e Hotel Leyton; en Friol, Casa Benigno; en Guitiriz, Casa Gaibor; en Lugo, Campos, Casa Paco, Mesón de Alberto, Manuel Manuel, Os Cachivaches, Porta Santiago, Casa María, o Cincuenta e Seis e Canedo; en Mondoñedo, A Horta da Paula; en Monforte de Lemos, Centro do Viño, Parador de Monforte, O Grelo, Garden, Abadía de San Simón, Manuel Bistró e Cardenal; en Palas de Rei, O Rincón, Parada das Bestas, Rectoral de Castrillón; no Páramo, Sabe; en Pedrafita do Cebreiro, Casa García; na Pontenova, San Briz; en Quiroga, Casa Torres; en Ribadeo, O Lar de Manolo, Parador de Ribadeo, El Oviedo, A Mirandilla; en Sarria, Ponte Ribeira; en Vilalba, Parador Vilalba, Montero e Mesón do Campo.
IXP e CRDO
Ademais dos locais de restauración, empresas e asociacións de produtores da provincia, nas xornadas empregaranse produtos de 21 Denominación de Orixe Protexida e Indicación Xeográfica Protexida: CRDO Queixo de Arzúa-Ulloa, CRDO Cebreiro, CRDO Ribeira Sacra, CRDO San Simón da Costa, CRDO Queixo de Tetilla, IXP Faba de Lourenzá, IXP Grelos de Galicia, IXP Castaña de Galicia, IXP Lacón Galego, IXP Pemento de Mougán, IXP Pataca de Galicia, IXP Mel de Galicia, IXP Augardentes e Licores tradicionais de Galicia, IXP Ternera Gallega, ACRUGA (Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega), ABSA (Merluza do Pincho de Burela e Bonito de Burela), AVIMOS (Raza Galiña de Mos), ASPORCEL (Raza Porco Celta), ASOVEGA – BOAGA (Raza Ovella Galega), AFAPAN (Asociación Provincial de Fabricantes de Pan de la Provincia de Lugo) e Galletas Da Veiga.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



