Barreiros, 18 maio, 2019. A candidato á alcaldía de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, adiantou este sábado, no mitin organizado polos populares en dita localidade, que se revalida o seu cargo, logo de obter o apoio necesario na urnas para volver a gobernar outros catro anos, “manteremos os servizos que vimos prestando, realizaremos os investimentos necesarios para mellorar a calidade de vida e recuperaremos a imaxe danada polo bipartito”.
Deste xeito, o cabeza de lista amosou a súa satisfacción por concorrer de novo a estes comicios, destacando que a súa única vontade é a de “seguir servindo aos seus veciños”, ademais de “dar resposta ás súas peticións e impulsar medidas que permitan consolidar os proxectos xa iniciados durante os mandatos anteriores”.
Para elo, Alfonso Fuente Parga deseñou unha candidatura, que cualifica de “a mellor para Barreiros”, e da que renova o 35% dos seus integrantes. Concretamente, as novas incorporacións prodúcense nos postos catro, sete, oito, nove e once. A lista ao completo é a seguinte:
1. José Alfonso Fuente Parga
2. José Manuel Gómez Puente
3. Lorenzo Penabad Bolaño
4. Álvaro Daniel Navia Ferreira
5. María del Mar Sante García
6. Adrián Blanco Pérez
7. Lorena Fernández Redondo
8. Juan Carlos Díaz Varela
9. José Manuel Álvarez García
10. Sonia Piñeiro Rúas
11. María Teresa Maradona Bermúdez
Suplentes:
1. Nuria López Morado
2. José Otero Méndez
3. Concepción Fernández Iglesias
O PP, sinónimo de xestión
O cabeza de lista estivo arroupado polo secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e o coordinador do Partido na Mariña, José Manuel Balseiro, quenes coincidiron na importancia de que o día 26 a veciñanza se decante por votar ao Partido Popular, xa que só está formación é a que garante “unha xestión eficaz” nas administracións. Proba delo, apuntou Balseiro, é que o Executivo de Feijóo investiu só en 2018 neste municipio máis de 2,5millóns de euros.


















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



