Despois de ver as novas destes días sobre o presunto terrorismo galego, venme á cabeza a pregunta de se se me podería considerar de Resistencia Galega, máis aló de se existe, que parece que non. O que si coido que se me pode considerar, como a moita outra xente, é un resistente galego.
Resistente por seguir vivo e mal que ben, practicando a nosa lingua e procurando o ben da nosa terra e da nosa sociedade. Resistente por querer e aprezar cada corredoira e cada monte, transitada dende hai moito e presente na vida de moita xente antes de chegar a nós. Resistente por tentar ensinar que o desenvolvemento comeza por nós mesmos, abríndonos e aprendendo do mundo, e non na explotación dun mundo que non só non é só noso senón que tamén nos ten permitido vivir grazas a que non o estabamos expoliando. Resistente por ter claro que a terriña é só a parte máis achegada a min da Terra, á que por iso teño máis oportunidades de manifestarlle amor que, poñamos, a Suazilandia. Resistente por cousas así, coido que sinxelas, que veñen dadas de xeito natural, que non son exclusivas miñas, nin en termos xerais, nosas, aínda que as vivamos con certas características pola convencia coa nosa lingua, a nosa paisaxe, a nosa terra, os nosos amigos, a nosa sociedade.
Que eu saiba, non hai unha data de nacemento da resistencia galega. Considerar como tal o comezo dos irmandiños coido que extrapolar a partir de algo ben diferente. Un nacemento ós poucos, si. A medida que se ía configurando o país e os agravios á xente por parte de quen non só quería ter poder, senón máis poder. Algo que de diferente xeito se ten dado arredor de todo o mundo, mesmo contaminado con ansias supremacistas dun ou outro signo, escollendo uns ou outros enemigos ou apoiando e encumbrando líderes locais que coller como un símbolo máis, como forzamento á aglutinación dunha ‘nacionalidade’. É dicir, dun illamento que contrapoñer a outros e que leva ó desprestixio do nacionalismo (dos ‘outros’ nacionalismos, claro!)
Como resultado, como resistente galego, si, formo parte da resistencia galega. Non me fai falta un carnet ou inscrición, xefe ou estrutura de funcionamento, nin tampouco recoñecemento. E ti?





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



