Viveiro, 15 de novembro, 2019. A pasada semana a Aula da Uned de Viveiro encheuse de espírito innovador. Foi durante dúas citas, unha o luns 5 onde se abordou un obradoiro de Innovación en Turismo Sostible, a outra foi
o xoves 7 na que as alumnas de Econoloxía da Uned Senior recibiron a visita do chef bretón Samuel Giquel promotor do movemento Slow Food no país galo.
A Fundación Ecotur comezou en Outubro unha serie de Talleres de Innovación en Turismo Sostible por todo o país para a posta de longo da Red de Formación activa Escuela de Ecoagroturismo e que pretende dar respostas ás demandas do sector, compartindo coñecemento e formando a tódolos axentes do medio turístico implicados no turismo sostible, profesionais de sectores afíns ao turismo e demáis axentes comprometidos co desenvolvemento rural e turístico dos destinos (produtores, artesáns…).
Unha destas citas novedosas realizouse en Viveiro, a sede oficial da Fundación en Galicia dirixida por Lucas Requejo. A actividade realizouse grazas á Uned nas instalacións da Aula da Uned en Viveiro e foi retransmitida en streaming para todo o territorio español. 109 alumnos
participaron nesta primeira cita coa innovación e o turismo sostible en Viveiro, 16 de xeito presencial. A asistencia na aula foi moi diversa, dende a iniciativa privada como dende o ámbito da administración pública. Asistiu persoal técnico do propio Concello de Viveiro, a responsable
política de turismo do Concello de As Pontes, Elena López e o alcalde de Vegadeo César Álvarez, tamén actual presidente de InterEo, Asociación de municipios da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terra de Burón. A participación e o debate foron o suficientemente amenos e interesantes como para que os asistentes non tivesen problema en demorar a xornada de mañá ata as 14:30h. Xa de tarde Boris Vilar ofreceuse de xeito desinteresado a guiar aos asistentes e mostrarlles parte do patrimonio viveirense ata o Complexo Regal Xunqueira. Alí Otero Regal recibiunos cunha visita e explicación polo propio complexo. A cita rematou cun pequeño traballo de inicio sobre o Camiño do Mar. O propósito do obradoiro sobre a ruta Camiño do Mar é deseñar unha experiencia de turismo sostible arredor deste camiño, para crear de xeito participativo un proxecto innovador e que dé resposta e cumplimento aos ODS, obxectivos de desenvolvemento sostible. O vindeiro luns 18 ás 16:30 horas no complexo de Regal Xunqueira terá lugar a
continuación do obradoiro que está aberto a toda aquela persoa interesada en aportar voluntariamente á creación da experiencia turística. Para máis info Asociación Pratodo (Lucas Requejo) – Tel. 617 46 17 23 lucasrequejofernandez@gmail.com
E a outra cita interesante da semana pasada foi a presencia na aula do cociñeiro francés Samuel Giquel. Leticia Maseda profesora da Escola de Hostelería de Foz foi a responsable de achegar ao cociñeiro ata Viveiro. Da mán de Lucas Requejo o cociñeiro puido coñecer o pasado alimentario de Viveiro e tamén o actual. Samuel quedou maravillado de Viveiro en xeral e do mirador de San Roque en particular. Logo foi o momento de compartir a súa experiencia ao alumnado da asignatura de Econoloxía impartida na aula da Uned. Ten o seu restaurante propio na localidade bretona de Pont Aven dende onde está a promover o movemento internacional Slow Food. Na aula
explicou a importancia e necesidade de aposta e promoción dos produtos locais e de tempada.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



