Ribadeo, 2 de decembro de 2019. Acisa reparte 15.000 bolsas entre os seus comercios asociados para a campaña de Nadal. Son biodegradables e dun único tamaño. As bolsas foron presentadas polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, que estiveron acompañados polo xerente de Acisa, Jesús Pérez, e por Manoli Torviso e Mª Antonia López, tesoureira e secretaria respectivamente do colectivo empresarial.
Iriarte explicou que “co obxectivo de seguir axudando aos asociados e asociadas, ademais de facer campañas de dinamización, sorteos, etc… tamén queremos axudarlles a aforrar custes na medida das nosas posibilidades. Po ese motivo e ao igual que xa fixemos noutras ocasións para este Nadal repartimos 15.000 novas bolsas de Acisa”.
Pérez engadiu que “nesta ocasión son bolsas dun único tamaño e seguindo as normas de sostibilidade e respecto polo medio ambiente, como non podía ser doutro xeito, son biodegradables”.
A entrega das bolsas por parte de Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, xa que se enmarca dentro do convenio de colaboración asinado por ambas partes.
IX Festa do Comercio
Acisa daba comezo onte á súa campaña de Nadal que culminará o 11 de xaneiro coa IX Festa do Comercio na que se sortearán 4.000 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. Os clientes do comercio e da hostalería poderán facerse coas rifas desde xa e ata o mesmo día do sorteo. En total vanse distribuír 200.000 rifas entre os asociados e asociadas. Colaboran na organización desta campaña xunto a ACISA: Concello de Ribadeo e Xunta de Galicia.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



