Lugo, a 02 de abril de 2020. “Non foi posible mellorar o Plan Único para este ano porque o goberno provincial (PSOE e BNG) sigue instalado nas desculpas, na inacción e no recurso a responsabilizar do que non fai ás outras Administración”. Así resume o portavoz popular, Javier Castiñeira, a desestimación das emendas presentadas polo PP na sesión plenaria celebrada esta mañá pola Deputación, por medios telemáticos, na que foi aprobado o Plan Único, para o que só se aceptou unha das propostas populares, que ten por obxectivo que estes recursos se destinen tamén a loitar contra o despoboamento. Engadiu: “O goberno provincial perdeu unha boa oportunidade de mostrar a súa vontade de colaborar economicamente cos concellos, é dicir, cos veciños, na loita contra esta horrible pandemia”.
“Neste pleno volvemos ao de sempre na Deputación desde que está este goberno; de novo, socialistas e nacionalistas acolléronse á crítica a outras administracións para xustificar que a Deputación non teña posto ata o de agora nin un só euro para paliar as consecuencias da gravísima crise sanitaria provocada polo coronavirus”. O portavoz popular destacou que mentres a Deputación non dedicou recursos a facer fronte a crise, o Concello de Monforte, presidido tamén por José Tomé, si mercou equipos para protección persoal fronte ao virus.
Para Castiñeira é incomprensible que o goberno provincial alegue que non pode incrementar en 700.000 euros o importe do Plan Único para que sume 22 millóns, porque, segundo sosteñen socialistas e nacionalistas, suporía vulnerar a regra de gasto. Castiñeira mostrouse convencido de que dita regra será vulnerada este ano como o foi no 2019. Apuntou entre outras cantidades ás que é preciso abonar a Tragsa porque asumiu o persoal e as tarefas que facía Suplusa antes da súa disolución.
O mesmo representante do PP declarou tamén: “Os concellos terán que elixir entre dedicar cartos a inversións ou atender as necesidades xeradas pola crise sanitaria. Isto quere dicir que verán reducidos os cartos, por exemplo, para obras, o que redundará en maiores dificultades para combater os problemas de emprego que vai xerar a crise”.
A negativa, dixo Castiñeira, a ampliar os prazos que se fixan aos concellos para a tramitación, vai dificultar moito esta tarefa, especialmente aos máis pequenos, que, se sempre teñen pouco persoal, nesta ocasión aínda terán máis dificultades polas necesarias medidas para evitar contaxios. Complicacións suporán tamén para os concellos os cambios con respecto ao uso das baixas producidas en contratacións e as solicitudes de prórrogas.


















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



