Santiago de Compostela, 8 de Abril 2020. Das múltiples derivadas da crise do coronavirus o BNG pon hoxe o foco no incremento exponencial do prezo de produtos sanitarios básicos no combate contra a pandemia, que atribúe á especulación e á incapacidade de garantir o auto-abastecemento de material como guantes, máscaras ou líquidos desinfectantes, que teñen multiplicado até por catro o seu custe. Por iso, o Bloque pide que se interveña o prezo destes produtos, potestade que se recolle no propio RD do estado de alarma.
“Preocúpanos o desorbitado incremento de prezos nalgúns produtos farmacéuticos de utilidade contra o coronavirus como máscaras, guantes, alcohol ou hidroxeles, artigos que se converteron en bens de primeira necesidade pero que son obxecto de especulación por parte de empresas que queren sacar tallada da crise”, denuncia Pontón. Por exemplo, produtos como o xel antiséptico con prezos que oscilaban entre os 2 e 6 € alcanza os 25€, a caixa de máscara filtrante de 5 unidades de 8 € a 26 € e o litro de alcol, de 2,25 a 9 €.
Unha situación “inadmisible”, xa denunciada dende os colexios farmacéuticos, polo que o Bloque reclama ao Goberno central “que interveña os prezos destes produtos tanto en orixe como na venda ao consumidor para evitar o incremento abusivo e que o prezo sexa unha barreira para a súa adquisición pois estamos falando da saúde da poboación”, argumentou a líder nacionalista.
Pero a subida de prezos tamén está potenciada polo desabastecemento destes produtos que obriga a ir ao mercado internacional, unha consecuencia da deslocalización contra á que o BNG propón crear unha empresa pública galega que teña como fin a produción e abastecemento deste tipo de produtos.
“A deslocalización da produción acaba por ser un grave problema en crises como esta e para non repetir a situación no futuro propoñemos poñer en marcha unha estratexia para crear empresas que produzan material sanitario como respiradores, guantes, batas, gafas, rachando coa dependencia do mercado internacional. E, ao mesmo tempo, completar o mercado privado cunha empresa pública que teña como finalidade producir material sanitario”, explicou. Igualmente, pediu que se “monotoricen” os prezos doutros produtos, por exemplo na alimentación e os combustible, estes últimos con descensos importantes que non se trasladan ás gasolineiras.
A situación das residencias da terceira idade segue a ser un tema da máxima urxencia, polo que o BNG demanda a comparecencia urxente do xefe do Executivo no Parlamento ao tempo que reclama unha investigación interna por parte da Consellería de Política Social e avanza que a formación nacionalista vai solicitar que se cree unha comisión parlamentaria de investigación unha vez recuperada a normalidade.
“Por respecto ás persoas maiores, as súas familias e para evitar no futuro situacións tan graves como as que vemos nalgunhas residencias onde máis do 90% dos e das usuarias están contaxiadas, o que implique que non se adoptaron as medidas preventivas necesarias. Neste contexto, sorprende que non haxa ningunha sanción a ningunha das empresas nas que se teñen producido estes casos, polo que agardamos que a Xunta non estea protexendo aos donos desas empresas en lugar de estar protexendo a saúde das persoas maiores”, argumentou.
Anticipación, transparencia e plan de choque
Tras facer un especial recoñecemento ao persoal das residencias, Pontón volveu esixir “anticipación” ao Goberno “porque segue a cadea de contaxios neses centros”, e reiterou a batería de propostas do BNG, empezando por un plan de choque que inclúe a intervención de todas as residencias privadas; acelerar as probas para detectar focos de coronavirus; garantir material de protección para o persoal; transparencia total no cómputo de contaxiados e persoas falecidas, e información ás familias ás que se lles debe permitir facerse cargo dos seus maiores se contan coas condicións para salvagardar a súa saúde, sen que ese traslado puntual implique perder a praza no centro.
Pontón foi especialmente crítica coa situación dalgunhas residencias privadas afectadas por un contaxio masivo, como é o caso dos centros de Domus Vida e da Fundación San Rosendo e insistiu na urxencia de tomar medidas tanto nos centros de maiores como tamén nos centros que atenden a persoas con discapacidade.
Colaboración vs confrontación
Preguntada pola polémica en relación á eficacia dos test rápidos, Pontón pregúntase se o Goberno do Estado pactou cos gobernos autonómicos este tipo de probas e desde cando coñece a Xunta que tipo de test iba recibir. En todo caso considerou “irresponsable” poñer en cuestión estas probas, “que teñen a utilidade de detectar contaxios e parécenos que a Xunta debería actuar con mesura e non alarmar á poboación”. A dirixente do Bloque, confesou “ter a sensación de que se está usando este asunto de xeito partidista por parte da Xunta e do PP. Hai que fuxir de todo partidismo nun momento tan duro e tan difícil e, máis aló dos erros do Goberno do Estado e de Galiza, que os houbo, é o momento da colaboración”, concluíu.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



