Burela, 27 de agosto, 2020. O pasado 30 de Xullo, no pleno ordinario correspondente, o grupo municipal do BNG trasladaba as queixas da veciñanza a respecto do servizo de limpeza. A pesar da inquietante resposta do alcalde -o señor Alfredo Llano negaba a maior nese momento- a situación non mellorou. Segundo apunta o voceiro do BNG, Mario Pillado, “mais ben todo o contrario; por momentos, no grupo municipal vémonos desbordados coas queixas que nos trasladan directamente polas rúas, ademais do que directamente nos percibimos. Seguimos insistindo en que se está a intensificar esforzo nas zonas mais céntricas, mentres moitos outros puntos e rúas están descuidadas. Tamén se acumula o lixo arredor dos conte dores cheos e queremos facer fincapé en que un bo número de solares que foron rozados deixaron ó descuberto moito lixo que non foi retirado, ademais de que en moitas beirarrúas a circulación está dificultado pola maleza”.
Pillado continuou decindo que “por suposto, non responsabilizamos ó persoal que leva a cabo o traballo, o equipo de goberno ten que esixir da empresa concesionaria un servizo acorde co que a veciñanza vai pagar”
No BNG cren que non se pode subila taxa do lixo.
Así como no curto prazo esixen unha sensible e urxente mellora na calidade do servizo, dende o Bloque cren que “o equipo de goberno ten que cumplila súa promesa no debate plenario sobre os orzamentos e non subir a taxa do lixo, posto que o servizo non mellorou. Vemos como, a fin de contas, xa é a terceira empresa que pasa por este Concello e a problemática é sempre a mesma, unhas carencias que non xustifican o que a veciñanza costea co seu diñeiro. Chámese Xan ou Pericán, en Burela estamos sempre nas mesmas dende que se privatizou o servizo” indicou o portavoz nacionalista.
Por iso, seguiu, “cremos que despois de que o anterior goberno socialista perdera no anterior mandato a oportunidade de traballar na recuperación do servizo, agora o actual goberno socialista ten tempo por diante, cando menos tres anos, para buscar alternativas neste eido. Pola nosa parte temos aportado alternativas sistemáticamente, o que fai falla é vontade política e traballo honesto para acadalo”










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



