Lugo, a 30 de setembro de 2020. O goberno provincial recoñeceu, en resposta a unha pregunta do PP, que retirou os retratos dos presidentes da Deputación que non se corresponden con período democrático. Entre eles o de Julio Ulloa Vence, polo que preguntaron explicitamente os populares, por tratarse dun home de firmes conviccións democráticas, como o demostrou como concelleiro, deputado e senador durante o actual período democrático en España. O presidente da Deputación, o socialista José Tomé, admitiu no pleno do pasado martes coñecer ben a Ulloa, porque ambos traballaron no seu día na Delegación de Agricultura, e con motivo do seu falecemento fixo público un comunicado destacando os seus méritos e decretou tres días de loito oficial. No pleno, Tomé quixo que fora o nacionalista Efrén Castro quen respondera ao PP. O viceportavoz popular Agustín Baamonde considera que a maneira de enfocar este asunto “puxo de manifesto que hai fisuras en cuestións relevantes entre PSOE e BNG no goberno provincial”.
Os populares lamentan que o goberno da Deputación aplique sen máis a parte da lexislación que lle interesa ideoloxicamente, sen ter en conta que unha cousa é a letra da lei e outra o seu espírito. É certo, di Baamonde, que Julio Ulloa foi, nun período moi curto, presidente da Deputación en anos previos á instauración do actual período democrático, pero non é menos certo que Ulloa foi un convencido demócrata que traballou pola democracia e por Lugo como concelleiro, deputado e senador.
Agustín Baamonde resalta que para os numerosísimos lucenses que saben da valía persoal e política de Ulloa, así como da súa indiscutible bonhomía, a decisión da Deputación resulta inexplicable e inxustificable. Baamonde explica: “Podemos entender que o Bloque tome unha decisión así; pero non podemos entendelo nin no PSOE nin no presidente da Deputación, José Tomé, que dedicou palabras de honra, moi acaídas, a Julio Ulloa con motivo do seu pasamento, polo que decretou tres días de loito na Deputación”. Engade: “Está claro que no goberno provincial hai dúas sensibilidades tan distintas que están separadas por unha profunda fenda, que queda en evidencia en ocasións así e repercute negativamente nos intereses dos lucenses”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



