Burela, 23 de outubro, 2020. Esta fin de semana celébrase a terceira etapa do “Camiño Gastronómico do Mar”, unha serie de xornadas gastronómicas que están percorrendo a costa norte de Galicia ofrecendo receitas de catro das especies pesqueiras máis representativos da lonxa de Burela: pescada do pincho, peixe espada, xurel (chicharro) e peixe sapo.
Trátase dunha campaña que a Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo pon en marcha en colaboración coa “Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela” e Armadores de Burela cun triple obxectivo: fomentar o consumo de peixe, apoiar ao sector hostaleiro do norte de Galicia e promocionar o “Camino del Mar”, ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camino Inglés a Compostela.
Nesta terceira fin de semana gastronómica o Camiño fai parada nos concellos de Burela e Cervo, onde entre o venres e o domingo ofrécense pratos especiais con sabor a “Peixe de Burela” en A Lonxa, Cervecería Kiko, Hotel O Castelo e O Noso Lar.
Restaurante A Lonxa (Burela) ofrece un menú degustación con “Chicharro macerado en cítricos”, “Salpicón de pescada e bogavante” e “Lombo de pescada á prancha cun rustido de allo e pementón sobre leito de grelos”.
Cervecería Kiko (Burela) ofrece unha serie de pratos con peixe sapo e peixe espada: “Salpicón de peixe sapo”, “Peixe sapo á vasca”, “Peixe sapo recheo de marisco”, “Peixe espada ao forno” e “Peixe espada encebolado”.
Restaurante O Noso Lar (San Ciprián, Cervo) ofrece as súas elaboracións de “Marmitako de peixe espada do Atlántico norte”, “Peixe espada do Atlántico en salsa de pementos de piquillo”, “Peixe sapo do mar Cantábrico en salsa de ourizos de mar” e “Caldeirada de peixe sapo do mar Cantábrico e langostinos”.
Hotel O Castelo (Cervo) ofrece dous menús degustación protagonizados polo xurel e a pescada, respectivamente, cos seus pratos de “Lombiños de xurel caramelizado” e “Pescada O Castelo”.
A campaña celébrase durante oito fins de semana ata o próximo 6 de decembro e consiste na degustación de catro das especies máis representativos das frotas pesqueiras de OPP Lugo, que terán lugar en dous restaurantes de cada un dos quince concellos polos que circula o “Camiño do Mar”, desde Ribadeo ata Neda: nuns ofrecen pratos de pescada do pincho e xurel; e noutros receitas de peixe espada e peixe sapo.
Esta acción enmárcase dentro das accións de promoción de OPP Lugo incluídas no seu Plan de Produción e Comercialización anual e contan coa cofinanciación da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo da Pesca.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



