Viveiro, 26 de febreiro, 2021. Este 8 de marzo de 2021 as mulleres facemos folga en Galiza porque se algo demostrou a pandemia da covid-19 e esta crise sen precedentes é a importancia da nosa forza para soster o presente, pero tamén a profunda desigualdade do sistema económico e social, que debe ser contestado e transformado a través da mobilización e do feminismo.
A pandemia fixo visíbel o papel esencial das mulleres para o sostemento da vida e aqueles traballos esenciais para a sociedade. Estes empregos están ocupados maioritariamente por mulleres e son, ademais, os máis precarios e invisibilizados, moitos deles mesmo sen cobertura legal. As caixeiras, as limpadoras, as traballadoras domésticas, as coidadoras de diferentes ámbitos, as sanitarias, etc foron visíbeis no comezo desta crise e aparentemente recoñecidas social e institucionalmente. Porén, un ano despois as súas condicións laborais, económicas e sociais non melloraron, senón ao contrario. Hoxe estes sectores sofren un maior impacto pola precariedade das súas condicións, a carencia dun sistema público de servizos básicos forte e a falta de medidas por parte da Xunta e do goberno central, que se poñen de perfil aliñándose cun sistema patriarcal e inxusto.
A crise da covid-19 deixou en Galiza unha destrución de 21.000 empregos dos que 15.900 estaban ocupados por mulleres. Así mesmo, a fenda salarial malia ser ilegal continúa a superar o 20% e ten tamén o seu correlato na fenda das pensións, cobrando as pensionistas galegas unha media de 300 euros menos. Unha situación agravada por esta crise, que continuará empeorando de non tomarse medidas contundentes encamiñadas a que a reactivación económica e social non se desenvolva a costa das mulleres, un camiño para o que é imprescindíbel a dignificación do marco laboral coa derrogación total das reformas laborais de 2010 e 2012 e das reformas das pensións de 2011 e 2013.
Na Galiza pre-covid de hai un ano o feminismo galego tomaba as rúas baixo o lema “sen coidados non hai vida” e a pandemia demostrou o seu acerto. Porén, un ano despois a situación non mellorou e hoxe son máis as mulleres precarizadas e as que tiveron que asumir de balde traballos de coidado que deberan estar cubertos polos servizos públicos. A actual crise ten un impacto enorme en sectores amplamente feminizados (coidados, servizos, comercio, sanidade, alimentación…) e foron os sectores protagonizados por mulleres os que máis riscos asumiron respecto da súa propia saúde pola falta de medidas. Así mesmo, a violencia contra as mulleres segue presente e hai un enorme retroceso na súa visibilidade, ademais de enormes dificultades para romper coa espiral de violencia derivadas das restricións sanitarias e das dificultades para acceder a servizos e ter contacto social.
O feminismo galego impulsou no noso país unha resposta social sen precedentes que inzou as rúas os 8 de marzo dos anos anteriores, precedidas de históricas mobilizacións nacionais en Verín, Lugo, Vigo e Santiago de Compostela desde que no ano 2017 se fixeron as primeiras convocatorias de apoio á folga internacional, emanada de Latinoamérica. Neste 2021, por circunstancias sanitarias, as mobilizacións serán necesariamente locais ou comarcais e máis reducidas, pero coa mesma fortaleza e contundencia. Por estes motivos, desde o Bloque Nacionalista Galego entendemos que corresponde ás institucións escoitar e recoñecer os debates que o feminismo galego está a colocar na axenda social e comprometer os nosos esforzos en corrixir as desigualdades que se agravan na Galiza de 2021.
Cómpre dar unha forte resposta a esta situación. Non podemos permitir que a pandemia sexa a coartada para conxelar avances sociais nin para retroceder nos nosos dereitos. Esta crise non a imos pagar as mulleres. Hoxe, as que sostemos o presente imos saír ás rúas e facer folga para cambiar o futuro, para construír un futuro de igualdade, liberdade e feminismo.
Por todo o exposto propoñemos ao Pleno do Concello de Viveiro acordar:
1.Expresar e recoñecer as convocatorias do feminismo galego autoorganizado que neste 2021 colocan no centro do debate os coidados e as consecuencias para as mulleres galegas do sistema económico, social e político no que vivimos, agravadas polo impacto da pandemia da covid-19 ,que demostrou como a vida non podería sosterse sen coidados que se desenvolven en moitas ocasións de forma gratuíta ou a través da precarización de moitas mulleres, e expresar o compromiso desta corporación para traballar contribuíndo a superar esta situación.
2.Demandar do goberno central o aumento dos recursos destinados á inspección laboral e a súa transferencia á Comunidade autónoma galega. E da Xunta de Galiza o impulso da creación dun corpo específico de inspección laboral que teña competencia para realizar inspeccións aleatorias para testar a existencia ou non de discriminacións por razón de xénero.
3.Instar á Xunta de Galiza a asumir as súas competencias en materia de atención á dependencia. Mentres tanto, e en canto estas competencias sexan exercidas nunha parte fundamental polos concellos galegos, incrementar nomeadamente o financiamento que achega ao sostemento do Servizo de Axuda no Fogar para cubrir o custe real da prestación do servizo así como a modificación da actual normativa para que as empresas que vulneren os dereitos laborais e salariais das traballadoras non poidan concorrer aos procesos de licitación.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



