A sociedade pode amañarse sen nós. Nós sen a sociedade témolo cru.
Estamos metidos en, vivimos en, sociedade. Un invento noso que nos fixo como somos a medida que a fomos facendo como é. Non fai falta ser sociólogo para recoñecer a importancia do feito social para todas e cada unha de nós como persoas.
E, ó igual que as persoas, as sociedades, as agrupacións baixo estruturas estatais, calquera dos conxuntos sociais que conforman a sociedade humana, tamén teñen enfermidades e desaxustes. Feitos que non son diagnosticados co mesmo punto de vista que ás persoas, por médicos, senón por estudosos diversos que non teñen por que ser sociólogos de formación. Pero que si deben ter unha compoñente de visión xeral, social ou/e empatía polos demais para comprender as interaccións máis aló do abstracto, na súa afección ó sentimento das persoas.
E nestas, chegou a pandemia. Como expresión da enfermidade das persoas, mais tamén como manifestación de desaxuste social. Por causa e efectos. Sociais, si. E máis aló de se a orixe da pandemia tivo causa natural forzada pola fatiga da natureza ante tanto cambio que lle estamos a impor ou os cambios de costumes impostos polas normativas (tamén impostas).
E é que, ó igual que o futuro dunha persoa enferma depende do tratamento, de xeito parello nunha pandemia o futuro da sociedade que a sufre depende do tratamento seguido. Remarco o de seguido en troques de recibido porque unha cousa é que un médico receite determinada beberaxe e costumes de vida (repouso, longos paseos, dieta…) a unha persoa e outra que a enferma tome a menciña do xeito pautado e se ateña á dieta.
A pandemia -está comezando a albiscarse- pode actuar como unha desvantaxe para unhas sociedades en relación a outras, non só polo custe das vacinas ou as máscaras ou pola incomodidade de levalas e efectos que podan ter de empeoramento de condicións de vida. Quizais estamos centrados nos custes inmediatos do ‘aquí e agora’ e iso non nos permite ver ben os custes diferidos, como se ten visto coa discusión que con diversos matices houbo entre ‘matar a economía’ e ‘deixar que morran as persoas’. Ou entre o ‘erradicar a pandemia’ e ‘mantela controlada’.
Mentres, as persoas tamén temos unha mentalidade como individuos e como integrantes da sociedade. E cada quen procura un equilibrio entre a dedicación a si propio e ós demais. E unha enfermidade afecta a ese equilibrio: ás veces temos que gardar cama, o que nos impide relacionarnos do xeito ó que estamos afeitos, ou sinxelamente gardar repouso, afectando ó traballo (e á diversión), levando consigo uns custes internos e uns custes externos, en diferente proporción para cada persoa. Alguén que viva ó día, sen aforros, nin despensa non terá a mesma tranquilidade nin necesidade de saír dun repouso que outra persoa con aforros e a neveira chea.
De xeito semellante, a procura do equilibrio entre ‘custes externos’ e ‘internos’ en cada país foi (é) diferente en función de variables como o xeito de control da pandemia, pero tamén da densidade de poboación, illamento posible, tamaño, dependencia internacional, necesidade de movemento das persoas (viaxes internos e internacionais) ou distancia social acostumada. Así, na competencia entre sociedades, xa podemos ver as consecuencias dos diferentes impactos da pandemia segundo esas variables. Ou ten afectado o mesmo á China que á Unión Europea?
Miraremos algo máis aló dos nosos fociños? Dos nosos intereses/apetencias persoais/posibilidades?


















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



