Ribadeo, 16 de abril de 2021. O vindeiro luns, 19 de abril, dará comezo a segunda edición do curso de interpretación de planos no sector naval que organiza Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) coa colaboración do estaleiro asturiano Gondán.
A primeira edición do curso, para a que se presentaron 43 solicitudes, arrincou o pasado 5 de abril nas instalacións de Apaga, en Ribadeo, e conclúe no día de hoxe. Quince foron os alumnos que recibiron 30 horas de formación ao longo das dúas últimas semanas da man dun técnico do estaleiro de Castropol.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, sinala que “debido al gran número de solicitudes presentadas para asistir a este curso y con el objetivo de atender toda la demanda ponemos en marcha ya la segunda edición que se celebrará de lunes a viernes del 19 al 30 de abril. Todas las plazas están cubiertas desde hace tiempo”.
Doural anuncia que “tenemos programada ya la tercera edición del 3 al 14 de mayo. En este caso aún disponemos de alguna plaza libre. Las personas interesadas pueden ponerse en contacto con nosotros en apagaribadeo@gmail.com o en los números de teléfono 639 88 49 45 y 629 096 711”.
Doural realiza un balance moi positivo desta nova oferta formativa de Apaga: “creo que se ha iniciado un ciclo importante de colaboración con Astilleros Gondán, que esperamos seguir manteniendo. Pienso que era necesario responder a su demanda y colaborar con un sector tan pujante en la zona”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



