Lugo, 27 de agosto de 2021. Este mediodía inaugurouse no Parque de San Francisco de Ribadeo a exposición “Xela Arias. A poesía do retrato” con fotografías de Xulio Gil e poemas de Xela Arias. A mostra, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, consta de vinte paneis nos que as imaxes en branco e negro da autora dialogan con versos escollidos da súa obra poética.
As fotografías retratan a poeta posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil cando tiña entre 26 e 40 anos. Trátase de imaxes tomadas para seren socializadas en revistas, libros ou noutros soportes de divulgación da obra de Xela Arias que se mostran por primeira vez en formato expositivo coincidindo co ano de homenaxe á autora sarriá polas Letras Galegas.
Ribadeo é o sexto e último destino da mostra, que desde o mes de maio percorreu distintas localidades como Sarria, Lugo, Chantada, Monforte e Viveiro.
Na inauguración, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, puxo de relevo “a importancia de ter presente a Xela ao longo destes meses en distintos puntos da provincia, estendendo a súa figura e obra tanto no tempo como nos espazos. O seu nomeamento como homenaxeada nas Letras Galegas bríndanos unha boa oportunidade para dar a coñecer a unha das mulleres máis relevantes e referentes da lingua e da cultura galegas, visibilizando figuras femininas como a súa nas aulas, na literatura, no audiovisual, e por suposto, tamén ocupando espazos nas rúas a través de mostras como a que estamos a presentar hoxe en Ribadeo”.
No acto interviu tamén o fotógrafo Xulio Gil, que explicou o proceso creativo da mostra e incidiu na necesidade de “sacar a cultura a rúa”, un posicionamento do que, lembrou, participaba tamén a propia Xela Arias.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura ribadense, Pilar Otero, e o concelleiro de Economía e Turismo, Pablo Vizoso, deron a benvida á mostra, que permanecerá no Parque de San Francisco ata o 27 de setembro.
As persoas que asistiron á inauguración recibiron un exemplar dun libro-catálogo que recolle unha mostra máis ampla de retratos emparellados con fragmentos poéticos, coordinada por Xosé Enrique Acuña. Tamén puideron escoitar a música do grupo sarriao Malditos roedores, cun repertorio de pezas en galego.

























O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



