Foz, 1 outubro de 2021. O Concello de Foz presentou hoxe, venres, alegacións ao parque eólico Borrasca, promovido pola industrial Greenalia e que afecta de forma moi significativa ao municipio.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, está satisfeito do traballo técnico que realizou a consultora contratada, Nergetia, e no que traballaron dous físicos e un enxeñeiro industrial especializados no sector eólico. “Son algo máis de 70 páxinas nas que se revisa o anteproxecto do parque eólico e o estudo de impacto ambiental que presentou Greenalia. Os técnicos fixeron fincapé naquelas zonas de vivendas que podían verse máis afectadas, como as casas do Furco, no barrio da Hermida, e o barrio de Vilela, en San Martiño. Facendo un novo cálculo de ruídos puideron comprobar que dous aeroxeradores superarían o nivel de 45 decibelios permitidos en horario nocturno para unha zona de vivendas. Isto é moi importante, xa que estamos a falar de que non se respecta a lexislación actual e a presión sonora sería moi superior á legal”.
Nas alegacións tamén se consideraron impactos ao patrimonio natural de Foz e concretamente á Zona de Especial Protección de Aves Ría de Foz, que se podería ver especialmente afectada. “Non ten sentido constituír unha zona de protección ás aves e dispoñer un aeroxenerador próximo, nun espazo de tanta relevancia para o descanso das aves migratorias como é a Ría de Foz. Isto é incompatible e así se reflicte da documentación que aportan os técnicos”, engade o rexedor municipal.
Nas alegacións trátanse tamén outras cuestións, como as liñas de evacuación ou as infraestruturas asociadas ao parque.
O alcalde de Foz afirma que é o segundo proxecto de gran calado ao que presenta alegacións o Concello, despois do referido ao espigón da praia do Altar. “Actuamos sempre da mesma maneira: informándonos, contactando con técnicos solventes para estudar a documentación e presentando alegacións en todos aqueles puntos que podan ser prexudiciais para as veciñas e veciños e o patrimonio do noso concello”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



