Santiago de Compostela, 18 de decembro 2021. Na Xornada dentro do ciclo, “Parlamento aberto”, organizada polo BNG á que asistiron profesionais do sector sanitario, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón acusou a Feixóo de “imprudencia temeraria” por continuar recortando persoal e recursos sanitarios “en plena pandemia”. Neste sentido, indicou que estamos vivindo “un incremento de casos preocupante” e non podemos confiarnos nin baixara a garda.
O virus vai por diante dos gobernos polo que “toda prudencia é pouca” e cualificou de “inexplicable” que o goberno do PP de Feixóo cometa a “imprudencia temeraria” de recortas fondos e persoal en sanidade no medio dunha pandemia, e concretamente en Atención primaria “a punta de lanza na loita contra a COVID”.
Pontón criticou que o goberno do PP non utilice os fondos extraordinarios do Estado español e da Unión europea para “fortalecer á sanidade pública” destinando só unha parte residual. Nos orzamentos para o ano 2022, só un 12% a AP que nos coloca na cola de todo o estado e non só nos aproximamos ao 25% recomendado en todos os estudos, senón que “nos afastamos desta cifra”.
Urxe unha “auténtica aposta pola Atención Primaria e rescatala do colapso no que se atopa”, recalcou e criticou que o orzamento para o 22 sexa máis baixo que no ano anterior, “dous millóns de euros menos” e 47 menos que no ano 2009.
A portavoz nacionalista tamén aludiu á elevada carga de traballo do persoal sanitario coa 3 dose da COVID e a vacina da gripe que fai necesario o mantemento do 100% do persoal contratado durante a pandemia porque si falla a Atención Primaria, “o fallo esténdese a todo o sistema”.
Aos recortes económicos, Pontón sumou o cambio de modelo que colide cos catro criterios básicos da Atención Primaria, “a proximidade, accesibilidade, relación directa entre profesionais e doentes e a continuidade na asistencia” e culpabilizou do deterioro da Atención primaria as decisión políticas do Partido popular, unha política, dixo, baseada “no desmantelamento da Sanidade pública” con “12 anos continuados de xubilacións das/os profesionais sen proceder á súa substitución, contratacións precarias, 12 anos de recortes de recursos económicos, 12 anos de desmantelamento das estruturas directivas, 12 anos negándose a incorporar novos profesionais para garantir unha atención sanitaria integral” e sobre todo, “12 anos de soberbia sen escoitar as/os profesionais que denuncian esta situación, e que exixen poder traballar en condicións dignas”.
Constatamos como Facultativos dos PACs mobilizábanse dende hai semanas para denunciar sobrecarga horaria e o abuso, Colexios de Médicos que teñen presentado denuncias polo risco que supón a sobrecarga asistencial e o anuncio do recurso contra o seu sistema de xestión de demanda XIDE.
A situación, remarcou Pontón “é grave, pon en risco a saúde das persoas e é unha falta de respecto a todas e todos os profesionais da sanidade” que nos trasladan a sensación de abandono que senten. Mentres isto acontece, dixo, o “PP e aproveita a pandemia para acelerar a súa política de deterioro da sanidade pública, e os orzamentos para o ano 2022 son un claro exemplo”.
Fortalecer a Atención Primaria e a saúde mental non admite máis demoras.
Pontón explicou que en España hai 6 psicólogxs clínicxs por cada 100.000 habitantes, en Galiza 3,5, “case a metade”, e na Unión Europea 18. Pola contra, “Galiza lidera o consumo de psicofármacos en España”.
Os antidepresivos foron en 2017, nun contexto sen COVID, o segundo medicamento de maior crecemento en Galiza, arredor de 400.000 galegos e galegas tomaban tranquilizantes e pílulas para durmir e a diferencia do conxunto do Estado, “en Galiza aumentaron os problemas de saúde mental na infancia”.
No ano 2019, “en Galiza había 7.020 persoas agardando por unha primeira consulta, case o dobre que en 2014”. Neste ámbito, “en Galiza faltan orzamentos, medios, profesionais, e servizos”.
Tras dez anos de recortes do Goberno do PP, Feixóo anunciou o ano pasado, en plena campaña electoral, o Plan de Saúde Mental pos COVID 19, cunha dotación de 83 Millóns de euros e a creación de 241 novas prazas de profesionais en catro anos que continúa sen ser executado.
Para a portavoz nacionalista é necesario reverter a situación e normalizar a AP co cen por cen da presencialidade, limitar as consultas telefónicas, reabrir os consultorios pechados, aumentar o orzamento ao 25%, e incorporar categorías para descolapsar as lista de espera.
É preciso, insistiu Pontón poñer en marcha unha política contra a precariedade e explotación na contratación ofertando contratos dignos e estábeis, para evitar que profesionais marchen para a sanidade privada ou o estranxeiro, e no ámbito da saúde mental “dotar o servizo con 21 millóns de euros e iniciar un estudo para determinar os efectos da pandemia na saúde mental da poboación.
A xornada de debate “Parlamento Aberto”, organizada polo BNG contou coa presenza de persoal sanitario de diversos servizos da sanidade pública e foi moderado pola portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



