Lugo, 13 de xaneiro de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentará a nova campaña de turismo da institución provincial, Lugo, provincia de cine, o vindeiro xoves 20 de xaneiro no stand de Turespaña na Feira Internacional de Turismo (Fitur). Así o anunciou este xoves a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, quen subliñou ao respecto que a institución provincial reforza deste xeito a proxección da provincia. “Ter un espazo no expositor de Turismo de España, coa presenza de operadores nacionais e internacionais, é unha oportunidade moi boa que amplía claramente a proxección da provincia e consolida a nosa capacidade para seguir competindo con éxito no mercado turístico de primeiro nivel”, asegurou.
Foi o propio Presidente o que acordou a participación da Deputación de Lugo no expositor de Turespaña en Fitur durante a reunión que mantivo esta semana co Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, na que ademais falaron sobre iniciativas de interese para seguir impulsando o potencial turístico da provincia de Lugo de maneira sostible.
Coa campaña que presentará na Feira Internacional de Turismo, Lugo, provincia de cine, a institución busca fomentar as visitas turísticas vinculadas aos escenarios de producións audiovisuais rodadas na provincia, como O que arde, Dhogs, Live is Life ou O sabor das margaridas, entre moitas outras. O obxectivo é dobre. Por unha banda, seguir dinamizando a actividade turística no rural en zonas cun grande valor paisaxístico, cultural e etnográfico, que non sempre figuran nas rutas máis convencionais. E, por outra banda, continuar apoiando á industria audiovisual, como xeradora de emprego e de cultura, dentro da política de apoio ó sector desenvolvida pola Deputación.
Para García Porto, “o modelo de turismo sostible, de calidade, desestacionalizado e en contacto coa natureza que impulsa a Deputación está a dar froitos moi positivos, mesmo en tempos de pandemia. O turismo é unha ferramenta para deseñar o futuro do rural, creando emprego de calidade. Se o combinamos coa actividade económica que xeran as rodaxes e coa proxección do territorio que supón a presencia de Lugo nas salas de cine e plataformas audiovisuais internacionais, penso que acadaremos un efecto multiplicador moi relevante”.
A Deputada de Turismo explicou que a institución comunicou onte á Xunta de Galicia que non estará no stand de Turgalicia, unha decisión que adoptou debido á “imposición de condicións inaceptables” por parte da Administración galega, “ao entrometerse e condicionar a organización dun acto que preside e do que só é responsable a institución provincial. A Xunta decide sempre de maneira unilateral a axenda, as datas e os tempos, tratando de relegar ós propios representantes da Deputación e aos seus invitados a postos secundarios. Todo para apropiarse do protagonismo na presentación dun proxecto que non é seu, e no que non participan para nada”. “Á Deputación nunca se lle ocorrería impoñer a planificación dun acto á Xunta. Queremos o mesmo respecto institucional e poder organizar con liberdade unha presentación que se axeite ás características da campaña e da propia estratexia que temos na Deputación en materia turística e, por suposto, que respecte o papel de cada representante institucional”.
Pilar García Porto afirmou que a Xunta “leva anos incumprindo a cortesía e o respecto institucional. O stand de Turgalicia non pode ser unha pasarela para que desfilen os altos cargos da Xunta, ten que ser o grande escaparate do turismo galego”.
Para a Deputada de Turismo, “o obxectivo da Deputación foi e será sempre conseguir a máxima proxección e repercusión da oferta turística coa que contamos na nosa provincia, deseñando programas atractivos e colaborando cos representantes do sector para conseguir un obxectivo común, que é dar a coñecer Lugo e atraer visitantes ao longo de todo o ano para xerar riqueza e emprego, sobre todo no rural”.
Neste sentido, García Porto espera “que en anos sucesivos a Xunta de Galicia tome nota e teña en conta as opinións e as necesidades das Deputacións á hora de deseñar a axenda de Fitur, de repartir as datas e os tempos, e de organizar o protocolo cos invitados”.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



