Viveiro, 25 de xaneiro de 2022. A Administración ten a obriga moral de apoiar a práctica do exercicio físico e da actividade deportiva de base. E máis cando, como no caso de Viveiro, a actividade deportiva é un foco de atracción e de desenvolvemento económico. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, anuncia a presentación dunha moción no pleno para que o Concello incremente a asignación económica a escola de surf de Viveiro e promova un recoñecemento público, “tanto para o club como para o elenco de deportistas que tantos títulos están a gañar e que fan que Viveiro estea a soar cada vez máis forte dentro e fóra do mundo do surf”.
Os populares cren que “un pobo debe levar con orgullo a súa puxanza deportiva, xa que isto e indicativo da súa saúde e benestar; Viveiro ten a sorte de contar con moitas modalidades deportivas e ademais con resultados sobresaíntes en moitas das distintas disciplinas”. Sinalan: “Os éxitos conseguidos a nivel galego e nacional pola escola de surf de Viveiro demostran un gran traballo, tanto por parte dos monitores como dos seus integrantes”.
Rodríguez explica que “nos últimos anos é un referente non só en Galicia senón en todo o norte de España, en boa parte grazas ás novas promesas que están a conseguir títulos e medallas alá por onde pasan”. Lembra que “no ano 2021 acadaron títulos importantes no circuíto autonómico e, partindo do exemplo de Claudia Prieto, Jorge Guerreiro e Lucía Martínez, están a aflorar outros moitos rapaces que farán que o surf de Viveiro sexa punteiro no ámbito autonómico, nacional e internacional, co que isto supón para unha cidade coma Viveiro”.
Os populares consideran que a asignación do Concello á escola de surf é escasa, dado os custos dos materiais e dos desprazamentos e, por elo, propoñen incrementala e promover un recoñecemento público ao club.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
