Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022. O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo esta tarde un encontro con representantes das industrias lácteas para abordar a súa situación ante o paro do transporte. Alí, o conselleiro e as propias industrias demandáronlle ao Goberno central que identifique corredores seguros para garantir a chegada de subministración ás fábricas e a saída dos produtos lácteos acumulados durante estes días co gallo de asegurar a recollida do leite nas granxas.
A maiores, fíxose un novo chamamento para asegurar que as industrias de pensos conten cos cereais necesarios para producir e que estes pensos cheguen ás explotacións, así como para demandar que os produtos cárnicos poidan saír dos matadoiros. Nese senso, José González insistiu en que se está a falar de produtos perecedoiros e da supervivencia e benestar dos animais, nun sector en risco de parálise. “A situación pode tornarse insostible nun prazo de dous ou tres días diante da imposibilidade da recollida de todo o leite das explotacións galegas”, advertiu o conselleiro. Pola súa banda, os representantes das industrias coincidiron en agradecer a interlocución coa Xunta nuns intres tan complicados para todo o sector lácteo.
No encontro, José González lembrou que os efectos do paro do transporte se veñen sumar á suba das materias primas rexistrada en 2021, situación que se agravou ademais tras a invasión rusa de Ucraína. Por iso, o titular de Medio Rural urxe ao ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación a que se cumpra a Lei da Cadea Alimentaria e esixe que se faga efectiva a prohibición de venda a perdas. Así mesmo, o conselleiro instou, unha vez máis, ao Ministerio a que se reúna inmediatamente coa distribución, coa industria e coa gandaría para, canto antes, acordar unha suba do prezo dos produtos que están percibindo os nosos gandeiros.
Canto ao Ministerio de Transportes, o titular de Medio Rural demandou que se reúna canto antes coa plataforma que convocou o paro para desbloquear esta situación que -segundo dixo- pode levar a cadea agroalimentaria galega ao colapso.
Ao tempo, José González insistiu na necesidade de levar a cabo outras actuacións, como a inmediata baixada de impostos dos carburantes e outros insumos claves para o sector primario. Unhas demandas, insistiu, que se reflectiron no día de onte nunha manifestación multitudinaria celebrada en Madrid a prol do rural.
Apoio da Xunta
O Goberno galego aprobou a pasada semana un paquete de medidas para paliar as consecuencias da alza de prezos e para achegar liquidez ás empresas no ámbito das competencias autonómicas. Así, a Xunta asumiu o compromiso de financiar o anticipo das axudas directas da PAC, que os produtores adoitan cobrar en outono. En concreto, anticiparanse seis meses uns 200 millóns de euros de liquidez para os agricultores e gandeiros, subvencionando os xuros.
Doutra banda, contémplase a apertura de liñas de crédito de ata 20.000 euros para poder atender compras de circulante, por parte dos gandeiros, avaladas pola Xunta. Para esta operación, a Consellería do Medio Rural dispón dunha liña de avais para chegar ata os 25 millóns de euros de préstamos.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



