Lugo, 20 de abril de 2022. O goberno da Deputación é ineficaz, como quedou xa sobradamente demostrado dende o inicio do actual mandato. Pero hai algúns asuntos nos que a ineficacia resulta clamorosa e claramente prexudicial para os intereses da provincia. É o caso da planta de biogás do centro de recría na Gayoso Castro. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala que “no grupo provincial do PP entendemos que é absolutamente inadmisible que estea parada a planta de biogás do centro de recría de Castro, que custou case millón e medio de euros”. Lembra que “foi deseñada xa hai oito anos e que debería estar xa xerando enerxía; esa planta, que no seu día foi anunciada polo goberno da Deputación para facer un centro enerxeticamente sostible e para xerar un aforro enerxético, está parada”. Os populares non entenden por que aínda non funciona, “e máis cando vivimos unha crise enerxética internacional e cando os prezos da enerxía están polas nubes”.
Castiñeira declara: “É unha nova mostra da falta de xestión, da ineficacia do goberno bipartito da Deputación, que ten bens e non consigue poñelos en valor. O PP pedirá no pleno que se active o antes posible. Así o fixo tamén o equipo de goberno do Concello de Castro de Rei, que no seu momento presentou unha moción para que se activase a planta de biogás”. A día de hoxe esa planta o único que dá é gasto, porque ten un mantemento, unha tecnoloxía e equipamentos que hai que manter mentres non estean en funcionamento.
Para o portavoz popular, “é unha planta importante, ata o punto que no seu día dicíase que era unha das máis grandes de Galicia; despois de tanto tempo esa obxectivo igual se queda un pouco grande”. Asegura que, “en todo caso, estamos a falar de 300 quilovatios hora de enerxía, que debera estar producindo e xerando aforro e pola falta de xestión e de compromiso do goberno da Deputación de Lugo está aínda parada”.
Castiñeira tamén destaca que “esta planta podería estar eliminando gran cantidade dos residuos que son xerados polo animais que alí se crían; pecharíase así o ciclo, que o goberno provincial, inexplicablemente, non é capaz de pechar e por iso pedimos que cantos antes poña en servizo esta planta.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



