Viveiro, 26 de marzo, 2022. Nesta ocasión apostamos por seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar nesta data, e sortearemos 1.300€ para gastar no comercio local nun só dia.
Isto sí que é felicidade, ter 1.300€ e gastalos despreocupadamente nun dia!
O dia para gastar o premio será no mes de maio, a acordar ca gañadora, que terá mañá e tarde en horario comercial para gastar a totalidade do premio. Estará repartido en bonos de 100€ para gastar en 13 sectores comerciais distintos, sector téxtil, calzado, deportes, mercerías e paqueterías, bazar-mobles e decoración, ópticas, xoierías, telefonía e informática, beleza e benestar, librerías e xogueterías, alimentación, servizos profesionais e Hostalaría.
Os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de mínimo 20€ nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV. Permítese a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 20€.
Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o luns 25 de abril ata o sábado 30 de abril. O sorteo realizarase o martes 3 de maio ás 16:00 horas nas oficinas da Asociación, e comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.
Os obxectivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zoa para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases da campaña e tódala información podese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



