Critica que Conde “non tivera nin un só minuto desde hai seis meses para vir á Mariña e traballar pola comarca, a pesar de ser invitado en tres ocasións”
Foz, 17 de maio de 2022. O Alcalde de Foz e Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto ve consumado o desprezo do PP e do Conselleiro, Francisco Conde á Comarca da Mariña. Así o dixo trala xuntanza organizada polo conselleiro nun restaurante de Chantada o pasado 13 de maio con representantes políticos desta Comarca, e critica que Conde “non tivera nin un só minuto desde hai seis meses para vir á Mariña e traballar pola comarca, a pesar de ser invitado en tres ocasións”, advertiu.
O alcalde de Foz e presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña remarca que a Xunta e o PP “continúan na liña do desprezo institucional”, por iso agarda “que o novo presidente Rueda enderece o rumbo e chame a filas aos seus compañeiros de goberno para que comecen a traballar con lealdade”.
Cajoto fixo patente a súa indignación “pola falla de resposta ás peticións continuadas de reunións de traballo desde esta comarca, mentres o Conselleiro Conde atende aos medios desde un restaurante de Chantada e anuncia unha próxima reunión na zona de Melide”. E insistiu nas súas criticas “a promesa de Feijoo para que Altri viñera para a Mariña esvaeceuse sen ningunha explicación, había moitos emprazamentos viables que non interesou estudar coas alcaldesas e alcaldes mariñaos”, replicou.
Comarca de segunda
O rexedor afirmou “resulta indignante que o señor Conselleiro de Economía e Industria, a Directora Xeral de Impulsa Galicia e o Delegado Territorial da Xunta citen a alcaldes a unha reunión dunha semana para outra, pero en cambio non respondan a unha petición realizada dende fai 6 meses. Espero que o motivo non sexa que existen comarcas de segunda ou que A Mariña non lles interesa electoralmente”.
Por ultimo advertiu “seguimos a sufrir unha grave crise no sector industrial e Altri, a gran promesa de Feijoo, resultaba fundamental para o futuro dunha comarca que é das principais produtoras de eucalipto. Se non queren mover un dedo pola comarca que nolo digan, pero a Galicia cantábrica tamén existe”, resumiu.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



