O Concello de Barreiros fará entrega dos premios o domingo 27 de novembro
Barreiros, 16 de novembro de 2022. Romina Reimondo e Alejandro Villalba proclamáronse gañadores do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros organizado polo Concello de Barreiros e que contou co apoio da área de deportes da Vicepresidencia da Deputación Provincial.
O 9 de xaneiro, coa Carreira Popular de Reis organizada polo Concello de Barreiros, daba comezo unha nova proposta da concellería de dinamización e participación veciñal que consistía en agrupar as 6 carreiras populares que se celebran no municipio dentro dun gran evento “dándolles así un maior apoio e difusión tendo en conta o gran esforzo que supón para as entidades organizadoras destes eventos e valorando as potencialidades que posúen” sinala Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal.
Continuaba o 17 de abril coa Carreira Popular das Praias organizada pola asociación cultural e deportiva Praias de Comado.
A terceira proba do circuíto, a carreira popular Benquerencia Terra-Mar, tiña lugar o 6 de agosto e estaba organizada pola asociación deportiva Augas Santas de Barreiros.
En outubro chegaba a quenda das carreiras de montaña, concretamente da 1/2km Vertical e dos Trails Monte Comado que se celebraron na fin de semana do 15 e 16. Ambas organizadas pola asociación cultural e deportiva Praias de Comado.
A sexta, e derradeira proba do circuíto, a carreira popular Ao son do Masma, tivo lugar este pasado domingo en Celeiro de Mariñaos na se deron cita uns 200 atletas. Esta carreira estivo organizada polo colectivo cultural Ollomao.
Dani García, agradece a alta participación en cada unha das probas así como a deportividade e bo ambiente vivido. “Dar os meus parabéns a Romina e a Álex como gañadores das categorías absolutas nesta primeira edición do circuíto +KmsBarreiros, tamén quero estender os meus parabéns ao resto de gañadores/as das diferentes categorías os e as cales se poden consultar na web www.maiskmsbarreiros.gal”. O edil agradece tamén “o empeño e compromiso de todas as asociacións organizadoras, das entidades colaboradoras así como da asociación de voluntarios de Protección Civil de Barreiros que velan pola seguridade dos e das participantes”.
A entrega de premios; en total 700€ en metálico, así como un obsequio para cada atleta que participara en 4 ou máis probas, terá lugar o domingo 27 de novembro ás 11:00 h. no salón de actos da Casa do Concello de Barreiros.























A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.

