Ribadeo, 1 de decembro de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, asiste en Mieres ao broche final do proxecto Life Fluvial, grazas ao que o Concello procedeu a eliminar da ribeira da ría de Ribadeo as especies invasoras e exóticas substituíndoas por outras autóctonas. O rexedor agarda seguir nesta liña en Ribadeo e que Castropol e Vegadeo tamén se sumen e aposten pola recuperación da outra marxe.
Suárez Barcia contou que “estou asistindo en Mieres a este broche final do programa Life Fluvial, que nos deu a oportunidade de seguir traballando para mellorar esta ribeira da Ría de Ribadeo na parroquia de Ove, onde fomos paseniñamente facendo actuacións de eliminación de plantas invasoras e de especies exóticas e de substitución por outras autóctonas. Os resultados están aí e calquera que vaia circulando pola estrada da Veiga a Ribadeo poderá comprobar o cambio que foi supoñendo nestes anos aplicar todas as accións de Costas, coa construción do sendeiro ata o muíño de mareas das Aceas, con estas actuacións deste programa Life, que foi coordinado polas universidades de Santiago e de Oviedo e tamén directamente polo Concello de Ribadeo, xestionando fondos europeos”.
O alcalde subliñou que “agora estamos con outras actuacións de mantemento, coas que proseguimos, e á espera de máis: continuar co resto de ribeira da Ría de Ribadeo, que lle queda ao noso concello por facer. E que non se quede só aí senón que abranga tamén as beiras de Castropol e da Veiga para que ao cabo de pouco tempo poidamos ver estes espazos de ribeira da ría como unha marabilla natural viva, con vexetación autóctona e que luza con todo o seu esplendor”.
Fernando Suárez lembrou que “este foi un tema do que falamos expresamente o outro día cos presidentes de Galicia e de Asturias no encontro que tiveron en Ribadeo e trátase de seguir traballando, sumando e aproveitando todas as posibilidades para que os nosos paisanos e paisanas se sintan orgullosos do lugar onde viven”.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



