Será o próximo 12 de febreiro e haberá autobúses gratuítos
A Mariña 29 de xaneiro de 2023. A Plataforma Sanitaria da Mariña anima a veciñas e veciños á manifestación que o próximo día 12 de febreiro se celebrará en Santiago de Compostela convocada por SOS Sanidade Pública, colectivo do que formamos parte e que aglutina a todas as plataformas sanitarias do país. Desde o colectivo sanitario mariñao anuncian que se poñerán autobuses gratuítos. Para anotarse basta con chamar aos teléfonos 982140654 /982581861 ou 667052058 dando o nome, contacto, número de persoas que van e localidade. Poderanse facer reservas ata o xoves día 9 de febreiro.
A manifestación, co lema “Queremos a nosa Atención Primaria” sairá ás 12 h da Alameda, e tras percorrer as principais rúas do centro de Compostela rematará na Praza do Obradoiro. Aínda que o eixo central da mobilización se centra nunha Atención Primaria totalmente desmantelada, as reivindicacións tamén se extenden cara á atención hospitalaria, xa que ambos niveis sufren importantísimas carencias e están íntimamente imbricados entre si, de xeito que os déficits no nivel básico de saúde repercuten negativamente sobre o ámbito hospitalario.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animamos a veciñas e veciños da Mariña a que acudan á manifestación ” que se prevé sexa histórica, a defender a nosa sanidade pública, ferida de morte, para tentar recuperala”-conclúen desde o colectivo.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



