A Xunta está a levar a cabo unha modernización integral do Servizo de Emprego de Galicia para, entre outros, dar resposta ás vacantes laborais, atendendo as necesidades do tecido produtivo e das persoas que buscan un traballo
Ferrol, 12 de xuño de 2023. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as oficinas de emprego Ferrol-Centro e de Vilalba para presentar os novos sistemas que este departamento da Xunta está a implantar no Servizo Público de Emprego de Galicia. A Administración autonómica está a acometer un ambicioso proceso de modernización que, entre outras vantaxes, está a permitir casar oferta con demanda laboral, dando resposta ás necesidades de persoal traballador do tecido produtivo, e ofrecer, a través dun novo programa, unha atención personalizada aos colectivos con maiores dificultades.
A titular de Promoción do Emprego, dunha banda, destacou as vantaxes da nova ferramenta tecnolóxica EMi (Emprego Intelixente), baseada na intelixencia artificial, que permitirá axustar en tempo real as demandas de man de obra do tecido produtivo aos perfís das persoas demandantes rexistradas polo servizo público. Este sistema, que se está a implantar con carácter piloto en tres oficinas (Cambados, Pontevedra e Ordes), estenderase ao resto de oficinas de emprego da comunidade autónoma.
Trátase, tal e como subliñou Lorenzana, de aproveitar as posibilidades que brindan a intelixencia artificial e a analítica avanzada para favorecer a xeración de máis e mellor emprego en Galicia.
Atención personalizada
A titular de Promoción do Emprego, doutro lado, incidiu en que o Goberno autonómico está a fixar a atención nas persoas usuarias destas oficinas que presentan maiores problemas para atopar traballo. Así, sinalou que a Xunta está a implentar, para iso, o novo programa de seguimiento intensivo da demanda de emprego para axudar e apoiar de xeito máis personalizado a aquelas persoas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia que presentan dificultades para atopar un traballo co obxectivo de integralas o antes posible no mercado de traballo.
Para levar a cabo esta iniciativa, a principios de ano incorporáronse ás oficinas de emprego 136 novos profesionais -4 destinados en Ferrol e un en Vilalba- que están a realizar tarefas de orientación e prospección laboral. Entre as súas funcións, tamén están as de desenvolver o novo progrmaa que porá o acento nas persoas que presenten as seguintes casuísticas: que teñan rexeitado unha oferta de emprego ou abandonen sen xustificación un servizo de orientación ou/e de formación; que leven máis de 5 anos de inscrición ininterrompida no Servizo de Emprego de Galicia sen acceder a un posto e que non teñan itinerario ou plan personalizado activo nos últimos 12 meses; as que non teñan confirmado a súa dispoñibilidade para tres ofertas nun período dun ano; ou as que non se presenten a citas de orientación laboral nos centros colaboradores do servizo, sen posibilidade de contacto telefónico e carentes dun itinerario ou plan personalizado de emprego activo.
A oficina de emprego de Ferrol-Centro, situada na praza Camilo José Cela, e a de Vilalba, emprazada na rúa Pintor López Guntín, 11, rexistraron o ano pasado 20.009 e 5.088 citas respectivamente. No plan de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia está previsto, ademais, que a localidade vilalbesa conte cunha nova oficina que se está a acondicionar na actualidade: cunha superficie de 605 metros cadrados estará emprazada na rúa Pedreiras,8.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.


