Resposta da ORGACCMM aos continuos ataques do Presidente da Xunta e Conselleiro de Medio Rural, quen en declaracións públicas afirmaron apoiar aos usurpadores de terreos de monte veciñal e amenazaron con cambiar a lexislacion actual se a Xustiza segue fallando a prol das Comunidades de Montes
Compostela, 29 de agosto, 2023. En recentes declaracións públicas, feitas polo Conselleiro do Medio Rural e máis polo Presidente da Xunta de Galiza, o Partido Popular ven de confirmar a súa intención de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais. O Partido Popular posicionouse a prol da Plataforma Galega de afectados polas comunidades de montes, empresarios e particulares, que reclaman a propiedade dunhas terras vendidas ou cedidas polos concellos, que non eran titulares, senon usurpardores das mesmas.
Co fin de legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, tanto ao Conselleiro do Medio Rural como ao Presidente da Xunta de Galiza, non lles importa saltarse a lexislación vixente sobor os montes veciñais. O primeiro criticando as sentenzas da Xustiza que fallan a favor das comunidades de montes e obrigan a devolver o territorio usurpado á veciñanza. O segundo xustificando a usurpación co argumento de que non é licito devolver estas terras ás comunidades de montes porque desde hai anos están empleados en outros usos distintos. O Conselleiro do Medio Rural quere impedir a aplicación do carácter de titularidade xermánica dos montes veciñais, xa que a imprescritibilidade dos montes veciñais fai que a antiguedade da usurpación non sexa fundamento de dereito para protexer ao infractor e permitir a impunidade da usurpación.
O Presidente da Xunta de Galiza obvia a vixente lexislación de montes veciñais e un número importante de sentezas que confirman que, independentemente dos usos actuais, son montes veciñais en man comúns ,os que se demostren que foron usados e aproveitados pola veciñanza comuneira, non entendida como un ente administrativo, senon como grupo social.
A Consellaría do Medio Rural sabe moi ben que non se poderán legalizar as usurpacións franquistas dos montes veciñais, mentres non se elimine o carácter de titularidade xermánico dos montes veciñais. Por iso, que no chamado Libro Blanco, sobre a reforma da regulación dos montes veciñais en man común da comunidade autónoma galega, se contempla a eliminación do carácter mediante a consideración de veciñanza comuneira a persoas que non viven no lugar, aldea ou parroquia no que se asenta o monte veciñal. Dotando as comunidades de montes de personalidade xurídica e sacando da consideración de monte veciñal a aqueles montes veciñais que, segundo o criterio da Consellería, non teñan aproveitamento forestal.
Un chamado Libro Blanco que comenza con unha mentira, xa que na súa portada afirma que no mesmo recollense as achegas recibidas no proceso de participación pública do mes de Abril de 2022. Isto é mentira xa que o chamado Libro Blanco non recolle as achegas da Organización Galega de Comunidades de Montes.
Entre as aportacións da ORGACCMM, unha que solicitaba que a futura lexislación sobre os montes veciñais en man común contemplase a declaración de nulos de pleno dereito todos os actos e negocios xurídicos que se levaron adiante nos montes veciñais. Solicitude que está tamén recollida na proposta para unha lei de montes veciñas contemplada na Iniciativa Lexislativa Popular, presentada no Parlamento Galego co aval de 12010 sinaturas da veciñanza comuneira e da sociedade galega.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



