Así o acordaron os representantes en Madrid cos alcaldes e voceiros da comarca na 1ª das reunións de traballo que levarán a cabo na provincia para identificar novas necesidades e trasladar as eivas que segue tendo a provincia “por la política de mínimos que Sánchez aplica cada año en los Presupuestos”
Viveiro, 15 de decembro de 2023. O PP presionará dende as Cortes Xerais ao Goberno para que en 2024 a Mariña non siga quedando illada en materia de infraestruturas, e isto pasa, principalmente, por avanzar no desenvolvemento da A-74 e no restablecemento do tráfico na N-642, á altura do socavón producido nas inmediacións da praia de Areoura; un lugar moi comprometido para conectar co Hospital e os portos de Burela e Celeiro.
Así o acordaron os representantes en Madrid cos alcaldes e voceiros da comarca na reunión de traballo mantida en Viveiro para identificar novas necesidades e trasladar as eivas que segue tendo a provincia “por la política de mínimos que Sánchez aplica cada año en los Presupuestos”.
A de Viveiro foi, por tanto, a primeira destas xuntanzas que, segundo explicou o vicevoceiro no Congreso, Jaime de Olano, servirán “desde la responsabilidad que tenemos de representar y trabajar por nuestra provincia aportando iniciativas al documento presupuestario para que el Gobierno asuma un compromiso real con A Mariña, de forma que esta comarca no vuelva a quedar fuera de la agenda política del Gobierno y que el PSOE se ha encargado de ir dilapidando año tras año”.
O popular fixo esta valoración amparándose na realidade dos feitos. A A-74 proxectárase en 4 tramos polo Goberno do Partido Popular: O Carme-Barreiros; Foz- O Carme, Foz-Burela e Burela-San Cibrao pero, dende que Pedro Sánchez chegou á presidencia, en cada anualidade, a aportación nos Orzamentos foi diminuíndo ata o punto que o investimento recollido para o 2023 tan só foi de 500.000 euros, fronte aos 3,6 millóns consignados, por exemplo, en 2018.
“Las infraestruturas no solo son necesarias para acceder a los distintos concellos, sino también para la competitividad del tejido industrial, para captar más inversión y garantizar que las empresas puedan competir en igualdad de condiciones”. Ademais, matizou Olano, esta comarca “es una de las mayores zonas productoras de madera, en la que hay puertos pesqueros de referencia, un puerto de interés general del Estado y una multinacional de aluminio. Es, por tanto, una actuación estratégica para la Mariña porque enlazaría con la A-8 y también para Galicia, pues ya figuraba en el PEIT 2005-2020, pero que Sánchez la ha metido en un cajón y, mucho nos tenemos, que ahí seguirá estando en el futuro”, afirmou.
En contraposición ao notable abandono ao que somete o Goberno á Mariña, os populares puxeron en valor que a Xunta de Galicia, nos peores anos da crise económica, investise 100 M€ e puxese en servizo dous tramos da vía de altas prestacións da Costa Norte: a variante de Ortigueira e o tramo de Celeiro-San Cibrao, ambas cun investimento que se aproxima aos 50 M€, 100 en total. Ademais, e tal e como confirmou recentemente no Parlamento a responsable de Infraestruturas, Ethel Vázquez, as contas do vindeiro ano recollen 8 millóns de euros para avanzar e dita Variante e na mellora de estradas autonómicas desta comarca, especialmente da LU-540 de conexión de Viveiro e A Mariña con Lugo , de acordo coa estratexia consensuada cos alcaldes.
“Pedimos, por tanto, al Partido Socialista y a sus cargos que por lo menos no mientan, pues el PSOE en Viveiro y en la Diputación llevan opiniéndose durante años a su desarrollo. Para que la Variante sea una alternativa para el tráfico de largo recorrido es necesario su conexión con la A-74, de la que, insistimos, no existe ni un solo kilómetro ejecutado desde que Sánchez es presidente”, remarcou.
No que respecta á N-642, 10 meses despois de producirse o socavón, o restablecemento do tráfico continúa sen avances, a pesares de ser unha vía estratéxica para a conexión do litoral da Mariña lucense. A día de hoxe non dispón dunha alternativa de circulación viable, o que fai que soporte unha gran carga de circulación, cifrada en 11.000 vehículos de media diarios, chegando aos 15.000 na época estival.
O PP DESMONTA A BESTEIRO
O viveirense desmontou así os anuncios e argumentos esgrimidos polo deputado e candidato socialista á Xunta de Galicia en días pasados nunha visita realizada á Mariña, afeándolle que, con esta realidade, “se atreva a exhibir músculo cada vez que viene a esta zona e incluso lo haga mañana en Santiago, junto a su escudero Sánchez, porque los datos dan y quitan razones y, en la Mariña y en esta provincia, poco o nada les debemos al uno y al otro, ya que, a decir verdad, los dos son lo mismo y a estas alturas ya sabemos que su palabra carece de valor”.
Tal é así que, engade: “seguro que harán anuncios muy grandilocuentes y que sonarán muy bien, pero también estamos seguros de que mañana pasarán varias cosas: mentirán los dos, pues el Sr. Sánchez tendrá que ir a pedirle permiso a Puigdemont para que se hagan inversiones en Galicia, y lo que no le contarán a los presentes es que, por ese acuerdo que Besteiro aplaude, los gallegos tendremos que pagar al menos 400 euros más de la deuda púbica que generaron los independentistas catalanes”. En definitiva, conclúe: “venderán humo y no contarán la verdad; lo que es, nada más y nada menos, que mentir”.
OUTRAS NECESIDADES
Outras das infraestruturas polas que velarán os populares é pola liña ferroviaria de Feve que conecta Ribadeo con Ferrol, tal e como xa anunciaron recentemente, polo compromiso de Costas de reabrir ao público da praia de Sacido, que leva anos pechada sen que dende o Concello tampouco se estea facendo nada para evitalo; pola rebaixa das parcelas do polígono de SEPES en Ribadeo ou por un novo acceso deste municipio dende a A-8.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



