Nota de Prensa
O PP asegura que as mentiras dos socialistas desmóntanse con só dar un vistazo os orzamentos do Estado
* Os populares salientan que o investimento do Estado en Lugo redúcese á metade con respecto ó presente exercicio. Lugo é con diferencia a provincia galega máis castigada e unha das que contabiliza unha maior rebaixa de toda España
* Aseguran que confírmanse os retrasos na execución das grandes infraestructuras viarias e que algunhas autovías “desaparecen” do orzamento (corredor da Costa, A-72, A-76) ó manter “partidas testimoniais”
* Retan ós socialistas a “dar a cara en Lugo” e explicar que fixeron e que van facer
Lugo, a 1 de outubro de 2010.- Os senadores e deputados nacionais do Partido Popular fixeron hoxe unha “pésima” valoración dos Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano presentados onte polo Goberno central: conlevará máis paro, máis impostos, máis desigualdade, menos comptetividade e menos protección social.
José Manuel Barreiro asegurou que Zapatero “volta a pecar de exceso de optimismo, repite o erro de exercicios anteriores e, polo tanto, presenta uns orzamentos irreais e consecuentemente de imposible cumplimento”. Toma como punto de partida unha previsión de crecemento do PIB do 1,3 por cento, cando todos os organismos nacionais e internacionais calculan cifras moito máis modestas, entorno ó 0,6 por cento.
“Difícilmente poderemos facer unha casa sólida e segura se as bases sobre as que a asentamos son tan endebles”, sentenciou.
O Goberno de Zapatero consuma o seu fracaso ó resignarse a que a taxa de paro, xusto despois de impoñer unha reforma laboral que, en teoría, ía correxir esta situación, non baixe do 20 por cento. Recoñece igualmente que terá que reducir drásticamente o seu gasto productivo para afrontar o altísimo endebedamente. A partida adicada ó pago de intereses desta débeda ascende a 27.000 millóns, 4.000 millóns de euros máis que o pasado ano.
O incremento dos impostos (IRPF, IVE, luz …) pese a resultar moi lesivos para todos, especialmente para os que menos teñen, terán un reducido impacto recaudatorio en cómputos globais e eso pese a que España xa se sitúa á cabeza da Unión Europea en carga fiscal.
Ademáis, segundo suliñou Barreiro, ese incremento dos impostos non servirá para garantir as políticas sociais, xa que se limita o cobro de axudas por dependencia, por desemprego e, non hai que esquecer tampouco que a meirande parte das pensións están conxeladas e que o incremento previsto para as mínimas estará por debaixo do IPC.
Os representantes populares fixeron fincapé en que Galicia percibirá o vindeiro ano 500 millóns de euros menos de inversión que o previsto para o presente exercicio, ó pasar de 2.004 millóns a 1.550 e que Lugo, dos 316 previstos para o 2010, pasará a case a metade o vindeiro ano, 162 millóns de euros, nos que resulta notable que a meirande parte dos ministerios non inclúan ningunha actuación salientable na provincia e que os orzamentos previstos por Fomento non cubran as mínimas necesidades que precisa a provincia, moi deficitaria en dotación de infraestructuras, nas que “sumamos restraso sobre retraso”. “A inversión por habitante cae para o vindeiro ano a 463 euros por habitante”, puntualizou Joaquín García.
É chamativo que o ministro José Blanco anunciara hai uns meses que na A-56 Lugo-Ourense só se ían rescindir dous tramos, concretamente San Martiño-Barrela N e San Martiño enlace Barrela Norte, e agora resulte que rescinde todos os tramos.
No que atinxe a A-8, autovía do Cantábrico, que en teoría era unha das indultadas polo Sr. Blanco, e que debería estar operativa en 2011, non se saberá cando estará rematada. Posto que a maior parte do orzamento, as partidas máis abultadas, para os tramos Modoñedo-Lindín e Lindín-Careira proxéctanse para o 2014. É significativo que o orzamento previsto inicialmente para ambos tramos para o 2011 se rebaixe en 64 millóns de euros nas contas presentadas onte.
A-54, Lugo-Santiago, que debería finalizarse en 2012, retrasase agora ata o 2015.
No que atinxe a nova ponte sobre o Miño en Lugo, o vindeiro ano vaise investir menos da metade das previsións recollidas nos orzamentos de 2010. Con estas cifras e dado que para o 2012 fixase para ela unha optimista previsión de 17,8 millóns non parece estar claro que realmente se cumpla a data de finalización desta infraestructura.
Tamén resulta curioso que un dos proxectos virtuais estrela dos socialistas lucenses, como a estación intermodal, teña unha dotación de 200.000 euros o vindeiro ano e nada proxectado para os seguintes e que o desdobramento da ronda norte “esfumárase” das previsión gubernamentais.
Para o corredor da costa adicanse 134.100 euros no 2011 que, a primeira vista, parece unha partida ridícula para unha obra de tanta envergadura. Na que, por certo, o tramo que corresponde á Xunta está en obras.
“A consignación de 134.100 euros repítense en moitas obras que en anos anteriores eran moito máis amplas convertindose en testimoniais”, puntualizaron. “É a pedrea que nos toca a Lugo”, ironizou García Díez.
Os populares tamén fixeron fincapé en que a A-72 Monforte de Lemos-Chantada, “que tería que estar operativa”, prácticamente desapace dos orzamentos posto que para o ano vindeiro fíxanse 134.000 euros e “nada” a partir de aí. Parecido caso é o da A-76 Ponferrada-Monforte con 115.000 euros para 2011.
Para o AVE non hai nada. Nos orzamentos segue a falarse de estudos, agás os cinco millóns que se inclúen para continuar o único tramo de obra inciado xa no 2006, a variante de Pobra de San Xulián, que tería que estar rematado en abril deste ano.
Os populares acusaron ó Ministerio de Fomento de “incumplir os acordos suscritos coa Xunta” para cofinanciar obras. Exemplos desta situación son a ampliación e mellora da ETAP de Monforte que, aínda que incluida nos orzamentos, as cuantías especificadas non se correspondente co pactado. Así, para 2011 corresponderíalle ó Estado aportar 1,2 millóns de euros pero só aparecen recollidos 483.000 euros.
Máis “sangrantes” son os casos dos colectores xerais e a EDAR de Chantada e Cervo, uns proxectos redactados por Augas de Galicia e que, segundo o acordo asinado en xaneiro de 2010, ía executar o Estado, pero non hai partida específica para elo nos orzamentos dos vindeiro ano.
Os populares, á vista destas cifras, retaron ós socialistas a “dar a cara en Lugo” e explicar á cidadanía estes orzamentos e a detallar que fixeron e que teñen previsto facer.

















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



