Ribadeo, 11 de maio de 2024. O Concello de Ribadeo asina un novo convenio coa Xunta de Galicia para realizar melloras no edificio da Escola de Música. Neste caso o importe ascende a 40.000 euros, segundo anuncio hoxe, sábado, o alcalde, Dani Vega.
“Seguimos xestionando e traballando para mellorar as instalacións do noso concello. Neste caso falamos da Escola de Música, onde detectamos unha necesidade de inversión e vémonos na obriga de actuar con responsabilidade. Non podíamos destinar nestes momentos orzamentos propios. Temos a necesidade de moito orzamento doutras administracións e o que fixemos foi ter unha reunión co Consellería de Cultura, firmar un convenio de 40.000 euros e polo tanto a Xunta de Galicia nestes momentos vai poñer o 100 por 100 do investimento, 0 euros por parte do Concello nesta inversión concreta, e dende logo estamos satisfeitos”, explicou o rexedor municipal ribadense.
Dani Vega engadiu: “o profesorado e a dirección, Hugo García, dicíanos que tíñamos que actuar en primeiro lugar nas ventás porque pasa totalmente o frío, porque están moi deterioradas, porque son moitos anos de non investir absolutamente nada na Escola de Música e está agora como todos observamos, cunha necesidade de investimento elefantiásica. Polo tanto nosoutros vamos seguir. Este é o primeiro convenio, de 40.000 euros, os cales vamos destinar a renovar as ventás, cumprindo os parámetros de Patrimonio, é dicir de madeira, que parece que é o máis normal”.
O alcalde declarou: “estamos moi satisfeitos e vamos seguir traballando coordinados para continuar xestionando orzamento porque a Escola de Música necesita moito máis, non soamente estes 40.000 euros senón moitos máis, para poñela ao 100 por 100 e que sexa digna e un espazo acolledor para que acudan todos os alumnos”.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



