O portavoz, Roberto Díaz, chama ao goberno local a “avaliar” a situación e “adoptar medidas” para asentar empresas á vista de que “houbo varias interesadas en instalarse no concello, pero remataron por instalarse en concellos limítrofes”
Lourenzá, 5 de xullo de 2024. O PP laurentino lamenta a “nula política de impulso ao emprendemento” que practica o goberno municipal á vista de que “en Lourenzá non se creou ningunha empresa no que foi o mellor semestre en creación de empresas na Mariña en 5 anos”.
Os populares advirten que “o emprego e o asentamento da poboación están interrelacionados: se non se crean oportunidades laborais non se asentar familias no municipio e se non hai xente, tampouco hai quen cree empresas e emprego. Mentres noutros concellos da comarca si se xeran oportunidades, Lourenzá quédase atrás”.
O portavoz, Roberto Díaz, asegura que “houbo varias empresas interesadas en instalarse no noso concello, pero remataron por marchar a asentarse en concellos limítrofes”. Polo que chama ao goberno municipal a “avaliar a situación e adoptar medidas para que Lourenzá volva ser un municipio que xere emprego e dinamización económica”.
O popular explica que “Lourenzá é Concello Emprendedor, unha iniciativa impulsada pola Xunta en colaboración co FEGAMP dirixida a favorecer a implantación e o funcionamento de propostas empresariais” e, polo tanto, “o Concello ofrece vantaxes como incentivos fiscais, simplificación administrativa e facilidades de acceso a solo industrial”. Pero, “á vista dos datos de creación de empresas no último semestre, queda claro que non se está a facer o esforzo necesario por dar a coñecer estas vantaxes e buscar de forma activa empresas que poidan estar interesadas en asentarse en Lourenzá”.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



