Ribadeo, 16 de xullo de 2024. Quince alumnos italianos están a formarse en Ribadeo ata o 26 de xullo. Realizan as súas prácticas en empresas do sector do automóbil da man de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “xa están en varias empresas de Ribadeo, todas do sector do automóbil, fan xornada de mañá e polas tardes teñen programadas unha serie de actividades para coñecer toda esta zona, entre elas farán un paseo pola ría, grazas ao Real Club Náutico de Ribadeo. Van ir tamén a Taramundi, Modoñedo… En Mondoñedo a xente que organiza o mercado medieval vai facer alí un pequeno acto. Van ir á Cova do Rei Cintolo. Marcharán un día antes do previsto para ir a Santiago de Compostela, onde pasarán unha xornada. Van ir á praia das Catedrais, van facer unha ruta tamén cun guía por Ribadeo: o casco antigo e a zona do porto”.
A expedición italiana está composta por 15 alumnos e 2 profesores, que van a estar en Ribadeo ata o día 26 deste mes. É o segundo grupo procedente dese país que recibe Apaga este verán. No Concello de Ribadeo tivo lugar unha recepción que foi presidida pola concelleira de Atención Cidadá e Seguridade, Montse Seijo.
Doural explicou que “así rematan as accións de acollida de alumnos e profesores deste ano. A verdade que grazas ás empresas de Ribadeo e ao sector do automóbil que dende o primeiro momento os acolleron moi ben. Estas experiencias están funcionando ben, si. Son rapaces que teñen bo comportamento, unha boa educación, unha formación no sector, é dicir, en principio ben. Está sendo moi positivo”. Para o presidente de Apaga “quizais ao mellor é un grupo moi elevado porque nos vimos obrigados a meter nalgunha empresa a dous alumnos e neste momento tamén polas cargas de traballo que están tendo as empresas debido ao período estival ao mellor se se volve repetir a experiencia con 10 alumnos sería suficiente. Sabemos que forzamos un pouco a situación en relación ao número de xente que se pode acoller, e estamos especialmente agradecidos polo esforzo que fan as empresas de Ribadeo. Senón fose así habería que levar a algúns rapaces fóra de Ribadeo e sempre é un pouco complicado todo iso”.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



