O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, participou este sábado xunto á Alcaldesa da localidade, Rocío López, na trixésimo segunda edición desta cita gastronómica que culminará este domingo cun festival folclórico
Lugo, 5 de outubro de 2024. O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, asistiu este sábado xunto a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ao pregón da trixésimo segunda edición da Festa da Faba, que correu a cargo da mestra xubilada laurentina, Amanda Gasalla. Esta cita gastronómica exaltará, durante toda a fin de semana, este produto estrela a través dun amplo e variado programa de actividades dirixido a todas as idades que culminará este domingo cun festival folclórico.
Cajoto Caserío destacou a importancia desta celebración, subliñando a colaboración da institución provincial, que achega 14.000 euros a través do Plan Deputación. “A faba de Lourenzá é un símbolo da gastronomía galega, presente nos pratos máis exquisitos do país, e representa o esforzo dos nosos fabeiros e fabeiras”. Ademais, subliñou que “este produto é cada vez máis recoñecido tanto dentro como fóra das nosas fronteiras, e a mellor proba do seu poder de convocatoria témola hoxe aquí, coa vila chea de visitantes e o que isto supón durante toda a fin de semana para a hostalería que servirá tapas a base deste emblemático produto”.
A programación xa arrancou onte no claustro do mosteiro cunha cata comentada de viño e a animación das orquestras Montreal e Dj Cosme. A xornada deste sábado deu comezo coa apertura das casetas dos fabeiros, na Praza do Conde Santo, e mañá domingo está previsto a súa apertura despois do mercado da faba ao por maior que arrancará as oito e media da mañá. A programación da cita conta con numerosas actividades, degustacións e actuacións musicais e culminará cun festival folclórico. Ademais, durante toda a fin de semana, funcionará un tren turístico para que os visitantes poidan percorrer a Ruta das Fabas e coñecer de primeira man o cultivo deste emblemático produto.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



