A mostra, comisariada por Pepe Cunha e deseñada por Belen Freijeiro, chegará a outros nove centros
Lugo, 9 de outubro de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha Galegoza. A canción en galego, unha iniciativa coa que pretende dar a coñecer ao público máis novo a amplísima oferta musical no noso idioma e o momento excepcional que está a vivir o panorama musical no noso país.
O programa artéllase arredor dunha exposición que repasa o percorrido histórico da música en galego desde os anos sesenta, desde a música tradicional e a canción protesta do século pasado ata a variedade de estilos nos que se fai música en galego nos últimos anos: ritmos tradiconais revisados e actualizados, pop, rock, canción de autoría, experimentación e electrónica, músicas urbanas, hip hop ou rap.
Os 16 paneis que forman a mostra, comisariada por Pepe Cunha e deseñada pola directora de arte Belén Freijeiro, describen esta evolución a través das bandas e solistas máis representativas e incorporan códigos QR cunha ligazón directa á lista de reprodución Galegoza para poder escoitalas.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e a deputada de Cultura Iria Castro achegáronse esta mañá ao IES Xograr Afonso de Sarria , o primeiro centro de secundaria en acoller esta mostra, onde convidaron ao alumnado a deterse na exposición e achegarse a través dela á música que se está a facer en Galiza.
Os responsables provinciais destacaron tamén a potencialidade das cancións en galego como ferramentas para a dinamización da lingua, subliñando que o momento excepcional que está a vivir a música en galego e as facilidades de escoita que ofrecen as novas tecnoloxías supoñen unha oportunidade que, con iniciativas coma esta, tratamos de aproveitar.
A exposición permanecerá ata o 23 de outubro no instituto de Sarria, e chegará despois a outros nove centros espallados pola provincia: o IES Pedregal de Irimia de Meira, o IES Monte Castelo de Burela, o IES Dionisio Gamallo de Ribado, o IES da Terra Chá en Vilalba, o IES Lama das Quendas, en Chantada, o IES Río Cabe de Monforte e o IES de Quiroga.
Cada centro contará para a inauguración da mostra cunha charla de Pepe Cunha e cunha unidade didáctica arredor da exposición para facilitarlle o traballo ao profesorado e introducir a música en galego noutros proxectos.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



