A Mariña, 22 de outubro de 2024. O próximo 31 de outubro arrinca unha nova iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense: Obradoiros con corazón, destinada a xerar un novo programa de posta en valor da actividade artesanal no destino e atraer un turismo desestacionalizado, mediante a creación de experiencias inmersivas que acheguen ás persoas visitantes e á poboación local á rica tradición artesanal da comarca.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este novidoso programa levarase a cabo os días 31 de outubro, 2, 3, 9 e 10 de novembro de 2024 como unha primeira experiencia piloto, no marco dos convenios de colaboración da Mancomunidade coa Axencia Turismo de Galicia e coaa Deputación Provincial de Lugo, para o impulso e a promoción do xeodestino e a posta en valor da artesanía coma un recurso único e diferencial”.
Serán un total de seis os obradoiros creativos e participativos, que terán lugar nesas datas.
-Iniciación a cerámica contedora de alimentos con Regal Cerámica, en Viveiro. O 31 de outubro de 17.00 a 19.00 horas para público familiar.
Trátase dun taller para adentrarse no coñecemento da materia prima e a técnica necesaria para elaborar louza de uso cotiá nunha experiencia familiar amena e creativa.
-A animalidade benéfica con Miratú, en Mondoñedo. O 2 de novembro de 11.00 a 13.00 horas para público familiar.
Da man da artesá de lá Vérónica Page realizarase unha obradoiro de inmersión no coñecemento e técnica ancestral das fiandeiras vivindo unha experiencia creativa de fiado na roca de lá virxe (lá de ovella e alpaca) así como tratamento do fieltro. Os/as participantes realizarán as súas propias creacións ou recibirán un recordo dunha experiencia na que a paciencia e a habilidade se dan a man.
-Un garda lentes moi persoal con Raíces Nómadas, en Ribadeo. O 2 de novembro de 17.00 a 19.00 horas para público adulto.
Taller de familiarización coa técnica do deseño e confección en coiro no que as persoas participantes realizarán a súa propia funda para gardar as lentes sen que falte detalle (broche, acabado de bordes, etc) nunha experiencia na que se reivindica a materia prima e técnica artesanal na elaboración das pezas.
-Marioneta co fantástico Taller dos Títeres, en Mondoñedo. O 3 de novembro de 11.00 a 13.00 horas para público familiar.
Inspirado en seres fantásticos e do mundo dos contos, cada quen elixirá un animal ou personaxe que deberá deseñar e crear con materiais reciclados. A proposta representa unha experiencia amena e diferente na que o material reciclado cobra nova vida para levar unha boneca-marioneta de recordo.
-Obradoiro de Kintsugi cos Artesáns do Pasatempo, en Mondoñedo. O 9 de novembro de 11.00 a 13.00 horas para público adulto.
Experiencia baseada na técnica ancestral xaponesa de reparación de obxectos cerámicos con ouro onde se resaltan as cicatrices como as experiencias de vida do obxecto. As persoas participantes familiarizaranse co proceso de reparación mediante dita técnica sendo agasallados co obxecto reparado.
-Obradoiro de Rakú con Esquina Atlántica, en Mondoñedo. O 10 de novembro de 11.00 a 13.00 horas para público adulto.
Trátase dunha experiencia con rakú, técnica xaponesa asociada ao ritual do té, no que as participantes prepararán o seu propio chawan (taza de té) ao estilo xaponés acercándose á técnica do esmaltado e posterior forneado a altas temperaturas.
Rocío López indicou que “a participación nestes obradoiros creativos e participativos contará cun aforo limitado de entre 8 e 10 persoas, o que garante unha experiencia personalizada e única. Será de balde para os asistentes previa inscrición mediante a reserva online habilitada. Cada obradoiro terá unha duración estimada de entre 90 minutos e 2 horas e deberá contar cun mínimo de 5 persoas inscritas para a súa celebración”.
Toda a información e reservas das actividades deste programa pódense consultar na páxina web https://amarinalucense.gal/es/a-marina-obradoiros-con-corazon
Desde a Mancomunidade recordan que este programa de obradoiros creativos e participativos coincide coa celebración de A Mariña. Plans con corazón, ademais do do Outono Gastronómico, sendo oportunidades complementarias e fantásticas para organizar unha viaxe curta a este destino do norte de Galicia ao longo das vindeiras semanas.
Toda a información sobre estas posibilidades que ofrece A Mariña pode atoparse na páxina web: https://amarinalucense.gal/es/outono-na-marina
No acto de presentación, que tivo lugar no Alfar dos Muíños en Mondoñedo, participaron a presidenta da Mancomunidade, Rocío López; Paloma Vázquez, xefa do Servizo de Turismo da Xunta en Lugo; o alcalde e a concelleira de Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá de Mondoñedo, Manuel Otero e Patricia Otero; así como os artesáns protagonistas dos obradoiros.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



