O proxecto, de iniciativa popular, ten por finalidade potenciar a peregrinación a Compostela con comezo Mondoñedo, conectando as dúas únicas catedrais do Camiño Norte en Galicia, para unha actividade de unha semana de duración

sdr
Mondoñedo, 30 de outubro, 2024. O vindeiro sábado día 2 de novembro, ás 11:00h daráselle a saída definitiva á iniciativa “De Catedral a Catedral”, de forma simbólica, cunha andaina popular.
“De Catedral a Catedral” ten por obxecto potenciar o Camiño Norte a Santiago, facendo saída dende Mondoñedo coa fin de conectar as dúas únicas catedrais que existen no Camiño Norte, en Galicia e, tanto máis canto que, a Catedral de Mondoñedo é a única que o peregrino pode atoparse entre Santander e Santiago.
O vindeiro día 2 de novembro, celebrarase un acto en Mondoñedo, presidido polo Bispo da Diocese así como polo Alcalde de Mondoñedo, coa fin de dar a coñecer este proxecto.
Dos actos previstos, que darán comezo ás 11h, o acto estrela será a andaina popular con saída da Praza da Catedral de Mondoñedo e, seguindo o itinerario do Camiño Norte, subirá pola Rúa Rigueira ata San Caetano, dende onde se pode ollar toda a Cidade de Mondoñedo. Dende aí abandonarase o trazado xacobeo e voltarase a baixar a Mondoñedo, á Fonte Vella, polas estreitas rúas que se sitúan sobre ela.
Este paseo ten por finalidade potenciar este tramo do Camiño propoñendo unha peregrinación que pode facerse nunha semana. Con saída en Mondoñedo e un itinerario que propón fins de etapa en Abadín-Gontán, Vilalba, Baamonde, Sobrado, Arzúa, O Pedrouzo (Concello de O Pino) e remate, por suposto, en Santiago de Compostela.
Este proxecto, que nace da iniciativa popular, conta co apoio das diferentes administracións e, por suposto, do Concello de Mondoñedo, así como da Diocese Mondoñedo – Ferrol e considérase un factor de gran interese para a hostalería, restauración, comercio e turismo local e da contorna.
Por iso, dende o Concello de Mondoñedo quixérase trasladar á poboación a invitación a vir a participar neste acto e acompañar na andaina que terá unha duración estimada de 30 minutos para un percorrido estimado de 1,5Km.





















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



