Viveiro, 22 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas, organiza as VIiI Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 15, 16 e 17 de novembro.
Na presentación das xornadas participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Jesús Fernández, concelleiro do Mar, e Antón López, delegado da FEDAS no noroeste de España.
María Loureiro destacou que se trata dunha cita consolidada a nivel nacional e internacional, perfecta para “dar a coñecer unha parte moi importante da nosa historia e patrimonio a través de grandes expertos”.
A rexedora subliñou que “estas xornadas son o primeiro proxecto español de divulgación incluído no Catálogo de Boas Prácticas da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas, celebrada en Roma en 2023”.
O concelleiro Jesús Fernández destacou que o programa integra actividades tanto “en clave local, como loxicamente en clave autonómica de Galicia, ou tamén en clave do Cantábrico, como poden ser este ano varias conferencias da parte de Asturias”.
“O primeiro día teremos a presentación e a apertura dunha exposición que vai acompañar as xornadas”, explicou o edil, “e logo o sábado xa teremos charlas durante todo o día, un día maratoniano”.
O sábado rematará “cunha charla sobre alimentación e cultura marítima cunha degustación de merluza do pincho de Celeiro”, sinala o concelleiro. A VIII edición das xornadas concluirá o domingo 17 pola mañá con outras 3 palestras.
“Unha vez máis, todas as poñencias da programación son de primeiro nivel, consolidando un foro que xa é unha referencia a nivel internacional”, apuntou pola súa banda Antón López.
As xornadas convertéronse co paso dos anos nun destacado punto de encontro de arqueólogos, historiadores e afeccionados, e conseguiron reunir máis dun centenar de asistentes nas últimas edicións. A inscrición nas mesmas pódese realizar nas páxinas web da UNED-Lugo e o Concello de Viveiro.
























A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



