Mondoñedo, 6 de decembro, 2024. Ven de reunirse o xurado designado polo Excmo. Concello de Mondoñedo para valorar as fotografías presentadas ao IX Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” e, da súa xuntanza, derivouse a seguinte terna de gañadores:
1º – Francisco Javier Redondas Maseda
2º – Marcos Candia Cuba
3º – Gonzalo Villarmea Carreiras
Para o concurso presentáronse 31 fotos das que, ademais da terna de gañadores, extractáronse outras 10 fotos máis a criterio do xurado, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2025.
A entrega de premios, que terá lugar nos vindeiros días e coincidirá coa presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo.
Concello e xurado agradecen a participación cidadá neste concurso e emprazan á veciñanza para o concurso do vindeiro ano.
O xurado estaba composto por:
Presidente – D. Alberto García – Concelleiro de Cultura. Con voz e voto.
Vogal – Dna. María Patricia Otero – Concelleira Camiño Norte. Con voz e voto
Vogal – Dna. Pepa Losada – Fotógrafa de La Voz de Galicia. Con voz e voto
Vogal – D. José Álvez – Fotógrafo de El Progreso. Con voz e voto.
Vogal – D. Manuel Antonio Fernández Piñeiro – Director Territorial de Cultural, Xunta de Galicia, Delegación de Lugo. Con voz e voto.
Vogal – Dna. Paloma Vázquez – Xefa do Servizo Provincial de Turismo da Xunta de Galicia. Delegación de Lugo. Con voz e voto.
Secretario – D. Abel Vigo – Persoal do Concello de Mondoñedo. Con voz sen voto.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



