Considera que estes entes son claves para axudar a impulsar proxectos innovadores na busca do equilibrio entre o capital e o uso dos recursos mariños de cada zona
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a importancia dos Grupos de Acción Local (GALP) como elementos para fomentar unha economía azul nas zonas costeiras no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (Fempa). O responsable autonómico, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, puxo en valor a funcionalidade destes entes de cara a axudar a impulsar proxectos innovadores na busca do equilibrio entre o capital e os recursos dunha zona e os intereses colectivos que representan, co fin de establecer decisións coordinadas respecto do uso dos recursos mariños.
Por este motivo, a Consellería que dirixe Villares organizou a xornada As estratexias de desenvolvemento local participativo promotora da Economía Azul. Trátase, segundo remarcou o titular de Mar, dun foro no que poñer en común o traballo que se está a realizar neste senso e que permitiu materializalo en proxectos moi vinculados ao territorio. Un espazo, en definitiva, para coñecer proxectos transformadores que impulsan a sostibilidade e o desenvolvemento local, e que dá visibilidade e identifica novas oportunidades nos diferentes sectores que permitan conxugar a sustentabilidade marítimo-pesqueira e o crecemento económico.
Este encontro enmárcase na Estratexia da Economía Azul de Galicia aprobada pola Xunta como elemento imprescindible para a súa planificación, dadas as condicións xeográficas e a importancia histórica, económica e sociocultural do litoral galego. Un documento que reflexa a importancia dos sectores como a pesca, a transformación, o sistema portuario ou o turismo costeiro como motores fundamentais de crecemento económico. E que mostra como a comunidade está moi ben situada para liderar áreas innovadoras, o que pode diversificar a súa economía e xerar novas oportunidades de emprego.
Deste xeito, a EAG permitirá impulsar novas oportunidades económicas e colaborativas ao tempo que axuda a protexer os ecosistemas mariños, garantindo recursos para as xeracións futuras, sobre tres obxectivos principais: integrar as actividades que a conforman mediante conectores de innovación, situar os sectores emerxentes como referentes internacionais e garantir a sostibilidade e a circularidade da pesca, o marisqueo e a acuicultura, como actividades núcleo.
Máis de 20M€ en 2025
Os oito Galps engloban a máis de 400 organizacións locais en representación dos sectores económicos, sociais e públicos. Destas, preto dun cento pertencen ao sector pesqueiro representando a máis de 13.000 profesionais do mar. Precisamente, e dada a súa vinculación co territorio, nos Orzamentos de 2025 a Consellería realiza unha clara aposta polo seu impulso e contempla unha partida de máis de 20 millóns de euros para o desenvolvemento destes entes.
Desenvolvemento da xornada
O foro incluíu unha mesa redonda sobre o papel dos Grupos de Acción Local como motores da economía azul, coa participación dos xerentes dos GALP Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro-Norte, Costa da Morte e Costa Sostible. Tamén se presentaron distintos proxectos inspiradores. Foi o caso de Mobiliario de formigón reciclado producido con cáscara de mexillón, do Golfo Ártabro Sur; Bitácora. Medidas para a posta en valor do patrimonio pesqueiro e fortalecemento da identidade da Ría de Arousa, do Grupo desta zona de pontevedresa; e Equipamento para o acondicionamento dos bancos de marisqueo e mellora da biodiversidade, do GALP Ría de Pontevedra.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



