NOTA DE PRENSA
O Grupo Parlamentario Popular rexistrará unha emenda para que os 351.880 euros consignados en 2011 como “reformas diversas” especifiquen o seu destino para “a mellora e ampliación dos servizos centrais do centro hospitalario mariñán”
OS ORZAMENTOS DA XUNTA CONTEMPLARÁN EXPRESAMENTE A AMPLIACIÓN DOS SERVIZOS CENTRAIS DO HOSPITAL DA COSTA
* Os populares esperan que deste xeito se disipen todas as dúbidas que interesadamente están a sementar PSOE e BNG sobre esta cuestión e, no día de onte, tamén o alcalde de Burela.
* As obras previstas para o 2011, segundo explicou o deputado popular Jose Manuel Balseiro, serán a ampliación dos servizos centrais e o laboratorio, remodelación e ampliación de urxencias, melloras estruturais no servizo de radioloxía e no servizo de admisión.
* As contas autonómicas inclúen tamén 175.000 euros para melloras en equipamentos e aparataxe de diagnose, e 361.836 euros para outras melloras tecnolóxicas a través da empresa pública Galaria.
A Mariña, 11 de novembro de 2010.- Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2011 contemplarán expresamente o inicio das obras de ampliación dos servizos centrais do Hospital da Costa. Así o deu a coñecer no día de hoxe o deputado Jose Manuel Balseiro quen explicou que o Grupo Parlamentario Popular rexistrará unha emenda aclaratoria ás contas autonómicas para que os 351.880 euros que hoxe aparecen consignados como “reformas varias” especifiquen agora a que están destinados, isto é, “á mellora e ampliación dos servizos centrais do centro hospitalario mariñán”
O deputado popular mantén, como xa dixeron nas pasadas semanas, que coas obras previstas para o 2011 dá inicio a ampliación do Hospital da Costa. Máis en concreto a Consellería de Sanidade comezará pola ampliación dos servizos centrais e o laboratorio, procederá á remodelación e ampliación de urxencias e executará melloras estruturais no servizo de radioloxía e no servizo de admisión. Deste xeito espera se disipen todas as dúbidas que interesadamente están a sementar PSOE e BNG sobre esta cuestión e, no día de onte, tamén o alcalde de Burela.
RESOLVER DÚBIDAS INTERESADAS
Non é a primeira vez que desde as antigas forzas do bipartito cuestionan o compromiso do Goberno que preside Feijoó co hospital. Primeiro acusaron falsamente á Xunta de ter intención de desmantelalo, cando o certo é que gañaba en máis competencias e servizos. Despois o propio Alfredo Llano indicou que desaparecería o servizo de atención psiquiátrica nos xeriátricos, feito desmentido tamén de xeito oficial e polos populares. E agora parece facer o mesmo respecto das obras de ampliación, “cando o certo é que durante a pasada lexislatura non fixeron nada, salvo a marquesina no aparcadoiro da resonancia móbil. PSOE e BNG foron incapaces de executar os cartos que consignaban para obras, mentres que a Xunta popular está a desenvolver a reforma da área de maternidade, a da rampla de acceso e cuberta… e compromete agora o inicio da ampliación estrutural do hospital para 2011”
COMPROMISO ORZAMENTARIO CO HOSPITAL
Balseiro tamén indiciou que o compromiso orzamentario co Hospital da Costa mantense, a pesar dos momentos de dificultade económica, de feito explicou que o centro mariñán manexará un orzamento superior aos 37 millóns de euros aos que hai que engadir outras partidas específicas que tamén contemplan as contas autonómicas elaboradas polo Partido Popular. Estas son 175.000 euros para melloras en equipamentos e aparataxe de diagnose, e 361.836 euros máis para outras melloras tecnolóxicas a través da empresa pública Galaria.
COMPROMISO DE GOBERNO
O deputado popular agradeceu os esforzos que neste ámbito está a desenvolver a xerencia do centro, -quen ofreceu a información sobre as obras a desenvolver- e, finalmente, a modo de conclusión sinalou que a Xunta xestionada polo Partido Popular vai a levar adiante a ampliación dos servizos centrais do hospital “que outros prometeron pero que non fixeron nada. Un compromiso de Goberno, e un compromiso coa mellora dos sistema sanitario na Mariña lucense
























Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que serán os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.



