O mandatario provincial avanzou que “este ano invitámolos a que viaxen polos camiños da auga” e destacou a diversidade das paisaxes de Lugo que van “desde os Canóns do Sil ata a costa da Mariña”
Lugo, 24 de xaneiro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este venres no stand de Galicia da Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se está a celebrar en Madrid ata este domingo, a nova campaña de turismo da institución provincial Provincia de Lugo. Mergúllate na maxia das súas augas. Esta proposta representa a aposta da Deputación por promocionar o turismo azul, ao mesmo tempo que se enmarca no seu modelo de promoción do territorio. No acto de presentación do audiovisual, que estivo moderado por Alberte Cabarcos, tamén participou a guía turística da Mariña, Ana Pena, e o pescador da comarca da Ulloa, David Criado.
“Sempre que vimos a Fitur, invitámolos a percorrer os camiños de Lugo, moitos deles rutas do Camiño de Santiago de Compostela. Este ano, propoñémoslles que viaxen polos camiños da auga, porque a incrible diversidade das paisaxes de Lugo, desde os Canóns do Sil á costa da Mariña, é froito da nosa privilexiada relación coa auga. Ese elemento máxico que é difícil de atopar no universo, que resulta indispensable para a vida, e que en Lugo nos amosa todas as súas caras e todas as súas posibilidades”, avanzou o mandatario provincial.
José Tomé fixo referencia ás rutas en catamarán que impulsa a institución provincial pola Ribeira Sacra e destacou que “61.500 persoas a realizaron en 2024 e a cifra non deixou de crecer”. Ademais desta proposta, o Presidente recalcou que “temos paisaxes únicas, como as illas fluviais do Miño e reunimos ao 40% dos zonas húmidas inventariadas en Galicia, con lagoas tan diversas como a de Lucenza ou os lagos de Lousada, ligadas á antiga actividade mineira”.
Na súa intervención recordou que Lugo conta con 100 quilómetros de costa e definiu as praias da costa lucense como “unha paisaxe máxica na Mariña, onde Lugo e o Cantábrico debuxan xuntos trazos de espuma e olas”. Subliñou tamén que “ao redor da auga, sempre está presente a gastronomía, porque si Lugo ten carnes de primeiro nivel, o mesmo acontece cos nosos pescados, como o bonito do Celeiro”.
Sobre o audiovisual que presentou a institución provincial sinalou que “seguimos apostando por un turismo de calidade, non masificado, ligado ás experiencias e ao contacto coa natureza. Un turismo sostible que contribúe a protexer aquilo do que se desfruta, que beneficie a todos os concellos, con independencia do seu tamaño, porque non hai lugar en Lugo, por pequeno que sexa, que non mereza unha visita e queremos que os turistas sexan como a auga, que se coen por todas partes”.
Outras presentacións
Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, tamén asistiu este venres á presentación do Concello de Lugo Lufo, parte de tu camino e á presentación do vídeo promocional A Ulloíña, do Xeodestino Comarca de Lugo – Terras da Ulloa.
Por último, o mandatario provincial pechou a axenda en Madrid participando na presentación do Xeoparque Montañas do Courel na que subliñou que se trata “dun territorio que ten un enorme potencial polo seu patrimonio xeolóxico e que conta cunha variedade de formacións únicas que descobren 500 millóns de anos de historia”.
Recalcou ademais, que “a Deputación de Lugo foi a principal administración galega que traballou xunto aos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, para conseguir a declaración deste xeoparque, o primeiro recoñecido en Galicia no ano 2019”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



