A actuación busca aumentar a seguridade e accesibilidade nun punto clave para os veciños
Burela, 15 de maio de 2025. O Concello de Burela iniciou recentemente as obras para mellorar o camiño de Pron, que conecta a Vila do Medio coa estrada da Deputación que conduce ao Monte Castelo. Esta intervención responde a unha demanda antiga dos veciños, que sinalaban problemas de taponamento e dificultades para incorporarse con seguridade á vía principal.
“Trátase dunha obra moi solicitada polos veciños, sobre todo para aqueles que usan o camiño desde Vila do Medio ata a estrada da Deputación. Na saída, xurdían taponamentos que mesmo supoñían perigo para a incorporación dos coches. Decidimos ampliar a saída para mellorar a seguridade e a visibilidad”, explica Ramiro Fernández, concelleiro de obras.
Esta intervención, que conta cunha financiación de máis de 40.000 euros a través do Plan de Mellora de Camiños Rurais da Xunta de Galicia, consiste na construción dunha escollera que ampliará o ancho da calzada, mellorando a visibilidade e a accesibilidade para os vehículos que saen da vila cara á estrada principal.
Segundo o concelleiro, “aínda que non é unha das obras máis grandes que temos en marcha, é unha actuación moi valorada polos veciños, que están moi contentos de que esta solución se estea a levar a cabo para resolver un problema que levaban tempo observando”.
Pola súa banda, a alcaldesa de Burela, Carmela López, destacou que “as obras serven para mellorar o día a día da xente. Non se fan por facer, senón para que vivir en Burela sexa máis cómodo, accesible e práctico. E para acertar, hai que estar ao carón dos veciños e veciñas, falar con eles e saber o que precisan”, concluiu.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



