Alfoz/O Valadouro, 28 de maio, 2025. A Asociación Veciñal Santa Filomena do Cadramón organiza a festa coa colaboración económica da CMVMC do Cadramón.
Haberá misa na capela ás 12:30h, a continuación procesión e sesión vermú a cargo do Dúo Venus.
Ás 15:00h haberá un xantar popular no campo da festa, previa reserva antes do día 02 de xuño, as prazas son limitadas.
Reservas: Edgar 639272230 – Nuria 646825113 – Cristina 680766568 – Saskia 662409012
Así un ano máis tratan de recordar tempos pasados onde os veciños ían coas súas familias de merendas pasar o día de festa.
O menú, elaborado por Seiramar, consta de empanada, churrasco, postre, bebida, café e chupito. Adultos, 25€ persoa, Nenos de 6 a 12 anos, 15€/neno e nenos menores de 6 anos gratis.
Ás 19:00h haberá un concerto de música tradicional a cargo de Fol do Raxal de Cervo, actuación subvencionada dentro do programa Tradigalu 2025 de Cultura, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a continuación a partir das 20:30h dará comezo a verbena co Dúo Venus
Dende a organización agradecen a Seiramar Espectáculos representante dos festexos, e tamén agradecen a colaboración do Concello do Valadouro e do Concello de Alfoz así coma a dos veciños que botan unha man para que esta festa saia adiante.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



