A actividade terá lugar o vindeiro luns, 26 de maio
Cariño, 23 de maio, 2025. O alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño participará o vindeiro luns, 26 de maio, no taller ‘Descubrindo a luz’, unha actividade que forma parte do proxecto de divulgación científica Ciudad Ciencia. Esta iniciativa, que xa se puxo en marcha noutros centros de Educación Primaria, ten por obxectivo achegar a óptica de forma lúdica e educativa aos máis pequenos.
A actividade, que se desenvolverá entre as 9:00 e as 14:00 horas en diferentes sesións, permitirá aos nenos e nenas do centro cariñés experimentar con fenómenos como a refracción ou a reflexión da luz, entender como funciona o ollo humano, descubrir as cores básicas ou coñecer que é a fibra óptica. Todo iso a través de demostracións prácticas e explicacións sinxelas a cargo de investigadoras do grupo de divulgación científica IOPTICA, do Instituto de Óptica Daza de Valdés do CSIC.
O taller forma parte do programa de actividades de Ciudad Ciencia, un proxecto de divulgación científica impulsado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que colabora con 59 concellos de toda España, un deles o de Cariño, que forma parte deste proxecto desde o ano 2020.
Para máis información sobre esta actividade, así como sobre calquera outra das realizadas por Ciudad Ciencia no Concello de Cariño, pódese visitar a web www.ciudadciencia.es.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



