Ribadeo, 18 de xuño de 2025. O CHL Meigas organiza unha nova edición do seu campus de verán en Ribadeo, que terá lugar do 29 de xuño ao 5 de xullo.
Na cita participarán 50 nenas e nenos, nados entre os anos 2009 e 2016, que gozarán de diferentes actividades como día de praia, surf ou noite de xogos, ademais da práctica deportiva do hockey.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “este campus contará coa intervención de adestradores de primeiro nivel, entre os que destacan a seleccionadora catalana e o seleccionador de Finlandia”.
O edil ribadense dixo que “en Ribadeo estamos encantados de acoller campus de diferentes disciplinas deportivas durante o verán, contamos cunhas boas instalacións e iso fai que moitos clubs aposten por Ribadeo para levar adiante estas actividades nas que participan moitos nenos e nenas tanto do noso concello como doutros de toda a contorna”.
O campus está organizado polo CHL Meigas coa colaboración do Club de Hockey Isla Pancha, o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo. Na presentación participaron o director deportivo do CHL Meigas, Alejandro Fernández, a tesoureira do Club de Hocky Isla Pancha de Ribadeo (Begoña), e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.


