Alfoz, 16 de xuño,2025. Este pasado domingo tivo lugar a primeira saída do programa Polos Camiños do Mariscal, cunha andaina interpretativa que percorreu a Serra do Xistral desde a emblemática Pena Abaladoira ata a Fervenza do Escouridal. A actividade, organizada polo Concello de Alfoz e guiada por Ana de Guía tu día, congregou a persoas interesadas en descubrir a riqueza natural e cultural deste espazo privilexiado.
Durante o percorrido, falouse dos hábitats singulares do Xistral, como as turbeiras e os quierogais, ecosistemas de alto valor ecolóxico que fan desta serra un lugar único en Galicia. Tamén se puxo en valor a gandeiría extensiva, unha actividade tradicional que non só forma parte da identidade da comarca, senón que xoga un papel clave na conservación da biodiversidade.
A presenza do lobo ibérico e o seu impacto no equilibrio dos ecosistemas xerou un interesante diálogo, ao tempo que se explicou a xeoloxía que dá forma á paisaxe, con especial atención a lugares máxicos como a Pena Abaladoira e á Fervenza do Escouridal. As lendas locais, transmitidas de xeración en xeración, acompañaron o camiño e axudaron a conectar co patrimonio inmaterial da zona.
Estas visitas forman parte do programa Polos Camiños do Mariscal, unha iniciativa que busca promover un turismo sostible e dar a coñecer os valores naturais e culturais do municipio. Ademais, serven como antecedente e actividade previa ao Mercado Medieval, un evento consolidado que terá lugar o 18 e 19 de xullo e que tamén bebe da tradición, da historia e do patrimonio local.
A próxima visita terá lugar o domingo 6 de xullo, cun novo percorrido que se anunciará proximamente.





















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



