Desde o BNG instan ao Concello e á súa alcaldesa a actuar de inmediato para frear este novo ataque á sanidade e a saúde dos veciños e veciñas de Cervo.
Cervo, venres 27 xuño 2025. Xs nacionalistas explican: “A deriva á que o Partido Popular está conducindo a sanidade e especialmente a Atención Primaria na Mariña vese agravada no día de hoxe co anuncio feito pola dirección da Xerencia Sanitaria no que comunican que a partir do 7 de xullo queda unha soa médica para a atención dos dous centros de saúde do concello: o de Cervo e o de San Cibrao, puntualizando ademáis que durante o mes de xullo non haberá servizo médico ata as 10:20 e suprímese a actividade programada (citas previas) e atenderase no mostrador, por orde de chegada e según gravedade ata as 15:00. E no caso de que a esa hora quedaran pendentes de atención pacientes, dáselles a opcion de ir ao PAC ou volver ao día seguinte”.
A solución do Partido Popular para a sanidade: “Vuelva usted mañana”
Desde o Grupo Municipal do BNG en Cervo, Diego Fernández e Zulema Murado mostraron o seu rexeitamento total a esta nova medida do PP que, din, “se encadra no programa de desmantelamento da Atención Primaria que os populares están levando a cabo na comarca” e instan á alcaldesa a actuar na defensa da sanidade pública e da saúde dos seus veciños e veciñas.
@s concelleiros nacionalistas referíronse tamén ás “contínuas mentiras do PP, respaldadas día tras día polo Conselleiro de Sanidade coas súas vergoñentas declaracións nas que fala dunha idílica situación da sanidade na comarca cando a realidade é todo o contrario como desgrazadamente puidemos comprobar hoxe” afirmaron, e manifestaron tamén que “xa se ve cal é a solución do PP para a sanidade: volver aos tempos do “vuelva usted mañana”.
“A alcaldesa de Cervo defende os intereses partidarios do PP, non os da veciñanza”
O portavoz nacionalista Diego Fernández referíuse tamén ás cínicas posturas do Partido Popular e da alcaldesa no tema da sanidade: “esta alcaldesa oponse sempre a demandar calquer mellora para a atención primaria ou para os servizos hospitalarios cando levamos propostas aos plenos, tal como fixo no pleno do pasado mes de abril, no que incluso se dedicou a difamar á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, e polo tanto a todos os cervenses e mariñaos que participan en mobilizacións pola sanidade”, afirmou, engadindo que a prioridade da alcaldesa e o seu equipo de goberno son os intereses do seu partido e non a saúde dos seus veciños e veciñas.
Por todo esto instan á alcaldesa a exercer como tal e defender os interes da veciñanza de Cervo, especialmente neste tema tan importante como é o da sanidade. Recordan tamén a importancia de mobilizarse, pois algún pequeno “parche” que puxo o SERGAS na deteriorada sanidade pública mariñá foi debido a forza de mobilizarse a cidadanía.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



