O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou en Alfoz as instalacións do serradoiro Hijos de Ramón Rubal, que se vai poder beneficiar destes apoios
Alfoz, 22 de xullo de 2025. O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, salientou que a Xunta vén de reforzar os apoios aos serradoiros de Galicia cunha orde de axudas que amplía o seu orzamento ata os 4,4 M€ con respecto ao pasado ano para dar cobertura a aqueles que non poden acceder ás axudas europeas.
Fernández Ríos visitou as instalacións da empresa Hijos de Ramón Rubal, un serradoiro familiar que está a piques de cumprir os 90 anos de historia e que conta con clientes en máis dunha ducia de países entre os que destacan Francia e Portugal e, en menor medida, China, Vietnam, Cuba, República Dominicana ou Marrocos.
É un dos serradoiros galegos que, por superar unha capacidade máxima de transformación de 20.000 m³ de madeira, non pode acceder ás axudas do Plan Estratéxico da Política Agrícola Común (PEPAC), e para os que a Xunta de Galicia modificou os baremos da orde de axudas que acaba de convocar para valorización de produtos en madeira.
É unha liña de apoios, polo tanto, que dá resposta a unha das principais demandas das asociacións do sector, dixo Fernández Ríos, que tamén subvenciona os investimentos que poidan facer os serradoiros para dotarse dos sistemas de tratamento térmico da madeira que exixe a normativa fronte ao nematodo do piñeiro.
O director da Xera concluíu lembrando que esta convocatoria, tamén para dixitalización, segunda transformación ou contract, ofrece axudas máximas de entre 60.000 e 250.000 que aínda se poden solicitar ata o vindeiro 1 de agosto.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



